Foz

La Xunta reserva 300.000 euros para ampliaciones en el IES de Foz

El delegado territorial, José Manuel Balseiro, presentó a la dirección y Anpa la planificación prevista para llevara adelante las mejoras

Balseiro en el IES de Foz

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A actuación prevista ten por obxecto ampliar o salón de actos do centro, e tamén o comedor e a cafetería, ambos espazos de uso docente vinculados aos ciclos formativos da familia de hostalería e turismo que se imparten neste centro. Así o explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, no transcurso dun encontro coa dirección do instituto e representantes da asociación de nais e pais, no que estivo acompañado do alcalde da localidade, Javier Jorge Castiñeira, entre outros. Balseiro avanzou que a administración traballa cunha planificación concreta pola que se estima encargar o proxecto técnico da obra neste primeiro semestre deste ano, licitar os traballos no segundo semestre de 2019, e executar a obra no curso 2019-2020. Potenciación da FP Destas melloras beneficiaranse a totalidade dos preto de medio millar de alumnas e alumnos que cursan os seus estudos neste instituto e, moi especialmente, o estudantado de Formación Profesional, xa que logo, a cafetería e o comedor empréganse como aulas de prácticas. No caso do salón de actos, instalación común a todo o centro, estudarase a mellor solución técnica para modernizalo e si é posible amplialo, “entre outras razóns, facéndonos eco dunha demanda liderada polo alcalde, xa que este salón acolle as distintas actividades do centro, entre elas, os campionatos internacionais de baristas e de catas de café que, cada ano, con gran éxito, reúnen a un gran número de participantes, profesionais e público, e queda pequeno o aforo” O IES dispón dunha ampla oferta educativa que inclúe ciclos formativos de grado medio e superior, en réxime ordinario e de adultos, así como formación profesional básica. Tamén se imparten educación secundaria obrigatoria e bacharelato (nas modalidades de ciencias e humanidades e ciencias sociais), en réxime ordinario e para adultos.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

Último boletín

05:00H | 23 NOV 2024 | BOLETÍN