• Martes, 02 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta inviste preto de 1,4 M? na rehabilitación integral que executa no IES Ánxel Fole de Lugo

A Xunta inviste preto de 1,4 M€ na rehabilitación integral que executa no IES Ánxel Fole de Lugo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 15:17

O delegado territorial subliña que o acondicionamento total das instalacións inclúe a redistribución e reforma de espazos e traballos dirixidos a mellorar a eficiencia enerxética

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades está a executar as obras de rehabilitación integral do Instituto de Educación Secundaria (IES) Ánxel Fole de Lugo, ás que destina un orzamento de 1.386.650 euros.O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, comprobou hoxe a marcha dos traballos, que inclúen a reforma e redistribución de espazos e un paquete de medidas orientadas a conseguir unha maior eficiencia enerxética.Entre as primeiras, cabe destacar a ampliación da biblioteca e a reforma de dúas aulas auxiliares, os aseos da planta segunda no bloque principal e a zona de vestiarios do bloque 2. Tamén se van pintar todos os paramentos interiores, puliranse os solados de terrazo e instalarase falso teito modular, entre outras actuacións.No que respecta ás medidas que reducirán o consumo enerxético, revístese a fachada con illamento térmico e zócalo antihumidade na zona inferior; tamén se instala illamento térmico na cara inferior dos forxado dos porches e na cara superior do forxado en contacto co baixo cuberta.Así mesmo, substitúense as carpinterías exteriores por unhas de maior estanquidade ao aire e resistencia térmica –vidro dobre con cámara de aire–, e as caixas de persianas por un sistema “monoblock” con illamento incorporado.A iluminación será outro apartado que axudará a mellorar o rendemento enerxético, dado que se van incorporar luces LED (preto de 600 luminarias), con sistemas de regulación multisensor que graduarán o fluxo en función da luz natural, e con detectores de presencia nas zonas comúns.Javier Arias destacou que se trata “dunha profunda renovación do centro, na liña marcada polo Plan de nova arquitectura pedagóxica de Galicia, para ofrecer á comunidade educativa do Ánxel Fole unhas instalacións máis confortables, polivalentes e respectuosas co medio ambiente”.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar