Valadouro |

PSOE y UDIVAL gobernarán O Valadouro gracias al apoyo del BNG para la investidura

La moción de censura que presentarán los tres grupos de la oposición paera desvancar al PP de la alcaldía cuenta con el apoyo de las tres fuerzas políticas; así responden a la moción de confianza presentada por el propio alcalde. El acuerdo llevará al socialista, Edmundo Maseda, a la alcaldía y a María José Fernández, de UDIVAL, a la tenencia de alcaldía; los nacionalistas han decidido quedarse fuera del gobierno local.

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

4 min lectura

BNG, UDIVAL E PSOE rexistraron na mañá de hoxe a moción de censura contra o alcalde popular, José Manuel Lamela, que provocará unha vez se celebre o pleno correspondente nos prazos fixados pola lexislación, a perda dunha alcaldía que o PP mantiña dende hai 25 anos. Para os asinantes da moción de censura – UDIVAL, BNG e PSOE – esta é unha oportunidade para dar un xiro ao estilo de goberno exercido polo PP durante todos estes anos cun concello sumido na parálise que deixou escapar oportunidades para o seu desenvolvemento, cunha perda constante de poboación e cuns recursos propios sen explotar como merecen. Os tres asinantes da moción de censura xustificaron a súa postura na situación de parálise do goberno local popular que ademais de incumprir xunto co seu partido os compromisos adquiridos co Valadouro foi incapaz de negociar, dende a súa situación de minoría, ningunha acción ou proxecto coa oposición maioritaria na corporación o que levou ao concello a unha situación  ingobernable. Neste sentido puxeron como exemplo o incumprimento dos compromisos do alcalde e os dirixentes do Partido Popular en relación ao polígono industrial, a incapacidade para sacar adinte os orzamentos – funciona cuns prorrogados dende 2009 –  a ausencia de xestión cos recursos propios ou de tramitación con outras administracións. Engadiron que malia contar cunha dedicación plena á xestión municipal, non se fixo nada, e consideraron que o propio Partido Popular deixouno abandonado a el e ao seu grupo, algo do que deberían tomar boa nota el e os seus votantes. Os asinantes da moción de censura quixeron transmitir á poboación un mensaxe de tranquilidade e afirmaron que a súa principal preocupación está no Valadouro e nas súas xentes para a que traballaran en estreita colaboración nos próximos dous anos tendendo pontes de participación e diálogo constante coa sociedade para avanzar en cuestións que consideran básicas e que forman parte do acordo como son a democratización da vida municipal, a reactivación da economía, o desemprego, os desenvolvemento dos recursos propios e a política social.   A persoa proposta para a alcadía será o socialista Edmundo Maseda mentres a Tenencia de Alcaldía será ocupada por Mª José Fernández de UDIVAL; PSOE con tres concelleiros e UDIVAL con dous propoñen formar goberno mentres o nacionalista Eduardo Chao asina a moción de censura e apoiará a investura do novo goberno local aínda que se manterá na oposición xustificando esta decisión no mandato da asemblea local de afiliados que consideraron os dous anos que restan para as eleccións municipais como escaso tempo para levar adiante os proxectos previstos para o concello pero confiaron en que os froitos da negociación mantida con PSOE e UDIVAL sirvan para sacar ao concello da pasividade e ingobernabilidade que se viña dando nos últimos anos.   RESUME DO ACORDO PARA A PRESENTACIÓN DA MOCIÓN DE CENSURA NO VALADOURO ENTRE PSOE, UDIVAL e BNG. Grupo de Goberno Alcaldía: Edmundo Maseda Maseda– PSOE Tte. De Alcalde: Mª José Fernández Díaz– UDIVAL Concelleiros/as: Pedro Paz González– PSOE Pilar Vázquez Hermida– PSOE Alberto Souto Vivero – UDIVAL Apoia a moción de censura e a investidura pero mantense na oposición Eduardo Chao González – BNG Áreas de goberno: Urbanismo, Vivenda e Solo - PSOE Medio Rural e Medio Ambiente - PSOE Comercio e Turismo - PSOE Educación e Deportes - PSOE Emprego, Formación e Igualdade - PSOE Recursos Humanos – PSOE Obras – UDIVAL Servizos Sociais – UDIVAL Cultura – UDIVAL       Programa de goberno: As dúas organizacións políticas integrantes da proposta para o equipo de goberno- PSOE e UDIVAL- comprométense a levar adiante as seguintes tarefas: Planta de Biomasa para o que nos primeiros doce meses de goberno deberá redactarse un proxecto. Centro de Día: Para o conxunto do veciños e veciñas do Val Transporte público ao Hospital de Burela e para os centros de ensino medio de Burela. Promoción da agricultura ecolóxica no Val. Formaranse persoas interesadas e crearase un viveiro de empresas impulsado dende o concello. Xestión dun servizo local de enfermaría durante as fins de semana. Traballar na tramitación e execución do Polígono Industrial.   Igualmente o equipo de goberno comprométese co BNG nas seguintes cuestións: Na democratización da vida municipal. Deberanse aprobar orzamentos municipais anuais, no 2014 e 2015 deberán ser participativos. Aproveitamento dos recursos produtivos propios. Promoción para a creación de cooperativas, axudas a emprendedores, racionalización da explotación forestal. Servizo de dinamización social nas parroquias. Posta en marcha dun sistema público de préstamo de libros para o ensino público obrigatorio. Avanzar na tramitación e execución do Polígono Industrial reclamando o cumprimento dos compromisos existentes diante da Xunta de Galiza Traballar no obxectivo da fusión dos concellos de Ferreira e Alfoz para unificar o Val Todas as contratacións de obras, servizos, persoal e demais xestións diferentes ao devir cotiá do concello deberán someterse à aprobación do pleno da corporación. O novo goberno municipal deberá reducir considerabelmente as retribucións existentes na actualidade a órganos de goberno.   Comisión de seguimento dos acordos: Os tres asinantes da moción de censura – PSOE, BNG e UDIVAL – acordaron crear unha Comisión de Seguimento dos acordos programáticos tomados, coa función de analizar o cumprimento dos devanditos acordos. Estará formada por un portavoz por grupo. Reunirase cada catro meses, ou antes a petición de calquera dos integrantes, tendo estes a potestade de levar cadanseu observador.