Xunta de Galicia

A campaña 'O teu mellor verán' da Xunta ofrece 1.110 prazas nos campamentos da provincia de Ourense

A campaña ‘O teu mellor verán’ da Xunta ofrece 1.110 prazas nos campamentos da provincia de Ourense

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visita o albergue Equal en Coles con 40 rapaces por quenda

A representante da Consellería de Cultura saúda tamén aos participantes no campo de voluntariado ‘Viaxa pola Istoria’ en Ribadavia no que participan 13 mozos de Galicia, Madrid, Estremadura, A Rioxa e Castela e León

A Administración autonómica ofrece 7.611 prazas para a mocidade de entre 9 e 17 anos e 695 no caso dos campos de voluntariado

A Xunta de Galicia ofrece este verán 1.110 prazas para nenos e nenas de 9 a 17 anos nos campamentos da provincia de Ourense. Así o explicou hoxe a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, nunha visita ao albergue Equal, en Coles, que conta con 40 rapaces por quenda, no marco da campaña

que inclúe un total de 7.611 prazas para mozos entre 9 e 17 anos.Nesta visita ao campamento Hípica e Teatro de Coles, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude sinalou o compromiso da Xunta de Galicia para ofrecer iniciativas de ocio para os mozos galegos. “Contamos cunha programación de calidade e diversa que é xa un referente en todo o Estado e inclúe propostas que van desde a expresión corporal ou as artes escénicas ata actividades deportivas”, sinalou.Por outro lado, a directora xeral de Xuventude visitou en Ribadavia o campo

, no que un total de 13 mozos de Galicia, Madrid, Estremadura, A Rioxa e Castela e León, colaboran no proceso de organización da Festa de Interese Turístico Nacional que se celebrará na localidade a finais do mes de agosto. Deste xeito, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou que “esta modalidade conta na provincia de Ourense con 165 prazas que se suman ao total de 695 ofertadas en toda a nosa comunidade”.Tal e como indicou Lara Meneses, a oferta da provincia de Ourense forma parte da campaña que, baixo o lema

, inclúe un total de 7.611 prazas nesta modalidade en toda Galicia. Trátase dunha cifra que, como engadiu, está incluída na programación estival da Xunta con 11.533 prazas en total, a maior convocatoria da súa historia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados