Xunta de Galicia

O Consorcio Casco Vello de Vigo suma a compra dun novo edificio para continuar coa recuperación do Berbés

O Consorcio Casco Vello de Vigo suma a compra dun novo edificio para continuar coa recuperación do Berbés

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, anuncia a adquisición de Ribeira do Berbés 27, co que xa son once os inmobles comprados polo consorcio

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, anunciou este xoves a adquisición dun novo edificio do Berbés para continuar coa recuperación do emblemático barrio vigués.O CCCV, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e un 10% polo Concello, aprobou a compra do inmoble situado no número 27 da Ribeira

324.280 euros (IVE incluído). Trátase dunha casa composta de planta baixa e tres pisos cunha superficie construída de 209,94 m2 e cun patio na súa parte posterior no que existe un pozo de auga potable.A nova rehabilitación permitirá construír novas vivendas no barrio do Berbés, onde o CCVV xa adquiriu outros dez edificios permitindo a creación ata este momento de seis vivendas, xa habitadas tras a súa adxudicación. “Estamos a cumprir cunha das prioridades da Xunta que é facilitar o acceso á vivenda aos vigueses”, sinalou a representante autonómica.O pasado mes de xullo xa foi adxudicada a reforma do edificio situado no número 39 da Ribeira

498.844,13 euros. Ás seis vivendas xa construídas, situadas nos números 29, 31 e 41, sumaranse tamén as dúas do número 39.Outros catro edificios foron cedidos polo Consorcio para a creación da sede urbana da Universidade de Vigo (na agrupación dos números 11, 13 e 15) e do Albergue de Peregrinos de Vigo, promovido pola Xunta de Galicia, no número 5. O Consorcio adquiriu tamén o edificio situado no número 7, pendente aínda de rehabilitación.O Consorcio Casco Vello, cuxo principal obxectivo é a rehabilitación do barrio histórico de Vigo, conta cunha partida total de

PAIF

. Desta cantidade máis do 87% teñen a consideración de investimento directo xa que se destinan á execución das obras de rehabilitación das vivendas propiedade do CCVV, correspondendo o resto a gastos operativos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados