Xunta de Galicia

A Xunta convoca cursos gratuítos para preparar o Celga e de linguaxe administrativa nas Escolas Oficiais de Idiomas

A Xunta convoca cursos gratuítos para preparar o Celga e de linguaxe administrativa nas Escolas Oficiais de Idiomas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

As solicitudes presentaranse a través da plataforma da Escola Oficial de Idiomas dixital

A Xunta de Galicia vén de convocar novos cursos preparatorios para as probas de acreditación de certificación de lingua galega (Celga), así como de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña que se impartirán entre outubro deste ano e maio de 2025 nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia (EOI) de oito cidades. As persoas interesadas en participar nestes cursos deberán realizar unha inscrición telemática a través do enderezo web habilitado. O prazo vai do 1 ata o 12 de xullo de 2024 para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro–xaneiro), e do 11 ata o 22 de novembro de 2024 para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro–maio). Tanto os cursos preparatorios Celga (de 60 horas de duración), como os de linguaxe administrativa galega, non teñen custo para o alumnado e pódenos solicitar aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou quen os faga en 2024, que desexen preparar as probas que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificaren a súa competencia en lingua galega, tal e como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.No caso dos cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos aos empregados públicos das administracións autonómica, local ou da Administración periférica do Estado na comunidade, agás o persoal docente e sanitario. Todos os solicitantes deberán estar en posesión dalgún certificado como o Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, ou cursos básicos de linguaxe administrativa.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados