Xunta de Galicia

A Xunta inviste arredor de 115.000 euros na reparación da ponte colgante Cal Grande e ultima o proxecto para arranxar a de Fornelos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A previsión é que as obras na primeira infraestrutura comecen a principios da vindeira semana e que estean rematadas a finais de setembro

Ángeles Vázquez destaca que o obxectivo é reabrir ambas pasarelas coas máximas garantías de seguridade tanto para visitantes como para pescadores e mellorar a accesibilidade no Camiño dos Encomendeiros, a ruta máis transitada do parque

A Xunta de Galicia iniciará a comezos da vindeira semana as obras de reparación da ponte colgante Cal Grande, no Camiño dos Encomendeiros do Parque Natural Fragas do Eume, nas que investirá arredor de 115.000 euros. A maiores estase ultimando a redacción do proxecto para arranxar a pasarela de Fornelos –a outra existente no parque natural– coa finalidade de que as dúas poidan estar operativas o antes posible.A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou hoxe a ponte de Cal Grande, onde destacou que os traballos nesta infraestrutura terán unha duración de arredor de tres meses –ata finais de setembro– e implicarán o desmontado secuencial do taboleiro da pasarela, da varanda, do cordón de sustentación e demais elementos, que serán substituídos por outros novos.A responsable autonómica explicou que as actuacións previstas nas dúas pontes permitirán reabrilas ao público coas máximas garantías de seguridade –tanto para os visitantes como para os pescadores da zona– ao tempo que mellorarán a accesibilidade desta ruta, que é a máis transitada do parque natural.A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático lembrou que a reparación de ambas infraestruturas se iniciou xa no ano 2022, pero durante os traballos iniciais detectáronse danos estruturais na obra oculta das pontes que fixeron necesaria a redacción dun novo proxecto para corrixir esas deficiencias.As Fragas do Eume foron declaradas Parque Natural en 1997 cunha superficie de máis de 9.000 hectáreas que se estenden polos concellos de Cabanas, Pontedeume, A Capela, Monfero e As Pontes de García Rodríguez. Trátase dun espazo que se atopa nunha zona de marcada influencia oceánica entre o medio litoral do esteiro do Eume e as montañas nas que nace o río. Estas características explican por que é, a día de hoxe, unha das mostras máis importantes dos bosques sublitorais galegos e un dos poucos bosques atlánticos ben conservados de Europa. Desde o ano 2023 conta cun Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) aprobado pola Xunta que prevé 8,5 millóns de euros de investimento para os seus 10 anos de vixencia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados