• Viernes, 05 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta urxe ao Goberno central unha solución para o fenómeno das ocupacións, que afecta en Galicia xa a unha vivenda cada dous días

A Xunta urxe ao Goberno central unha solución para o fenómeno das ocupacións, que afecta en Galicia xa a unha vivenda cada dous días

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 23:27

Ángeles Vázquez aposta por un marco xurídico duradeiro, eficaz e definido que endureza as penas por ocupar ilegalmente un inmoble, garanta axilidade nos desaloxos e outorgue ás comunidades de veciños o dereito a actuar ante a Xustiza

Advirte dunha “escalada” de casos respecto a anos anteriores e lamenta a pasividade da Administración estatal ante un problema que preocupa cada vez máis á sociedade

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022 A Xunta reclamou hoxe ao Goberno central unha actuación urxente e eficaz que solucione e poña freo á ocupación ilegal de vivendas en Galicia, un fenómeno que, nestes momentos, afecta xa a unha vivenda cada dous días. Así o defendeu esta tarde no Parlamento galego a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen respondeu unha pregunta no pleno sobre o incremento das ocupacións na Comunidade.Neste sentido, a responsable autonómica incidiu na necesidade de que o Executivo estatal, como administración competente na materia, dea resposta canto antes a este problema, impulsando as reformas lexislativas que sexan necesarias para que haxa a nivel estatal un marco xurídico duradeiro, eficaz e definido que endureza as penas por ocupar ilegalmente un inmoble, garanta axilidade nos desaloxos e outorgue ás comunidades de veciños o dereito a actuar ante a Xustiza. O obxectivo común de todas estas medidas, segundo explicou, é o de restablecer a normalidade e calmar a sensación de “inquedanza social crecente” tanto entre os propietarios dos inmobles como tamén na veciñanza dos barrios e zonas máis afectadas por esta situación.Segundo os últimos datos oficiais facilitados pola Delegación do Goberno en Galicia, a conselleira indicou que entre os meses de xaneiro e xullo contabilizáronse un total de 110 casos en Galicia, o que supón unha media de 16 ocupacións ao mes. Estas cifras, tal e como subliñou, revelan “unha escalada de casos” con respecto a anos anteriores, lembrando que en 2020 houbo 169 ocupacións e o ano pasado subiron ata as 195.“Cada dous días ocúpase unha vivenda en Galicia”, resumiu a conselleira, quen advertiu de que a pesar da “pasividade” do Goberno central e de que pretenda converter a ocupación nalgo “normal”, estes datos mesmo poderían ser máis graves tendo en conta que, segundo a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias, son ao redor de 600 as vivendas ocupadas en Galicia, un 15,3% máis que o ano anterior. Así mesmo, durante a sesión plenaria da mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda tamén compareceu ante a Cámara para responder a unha interpelación sobre o plan Hurbe.Tras lembrar que este programa foi posto en marcha pola Xunta no ano 2010, Ángeles Vázquez explicou que, desde entón, as axudas e convenios de colaboración impulsados polo Goberno galego cos concellos permitiron mobilizar ao redor de 163 millóns de euros en investimentos destinados a habilitar, mellorar ou recuperar equipamentos públicos e infraestruturas que permitan poñer en valor as súas contornas urbanas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar