• Viernes, 05 de julio 2024
  • ABC

COPE

A xornalista Maribel Outeiriño recibe o Premio Trasalba 2024

A 42ª edición deste prestixioso premio celebrouse no salón de actos da Casa-Museo Otero Pedrayo en Trasalba

Audio

Redactor en COPE Ourense

Amoeiro (Ourense)

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 12:14



A xornalista Maribel Outeiriño recibiu o Premio Trasalba 2024. O acto tivo lugar no salón de actos da Casa-Museo Otero Pedrayo en Trasalba nun auditorio abarrotado para celebrar a 42 edición deste galardón.


A entrega do Premio Trasalba ten lugar nun acto literario para destacar a figura dun dos persoeiros clave da literatura galega.



A Fundación Otero Pedrayo asumiu o compromiso de exaltar a figura deste autor polo que, entre outras accións, decidiuse asumir a organización deste premio para a difusión e valorización da súa obra.


A mesa presidencial contou coa presencia do Presidente de Honra da Fundación Otero Pedrayo e tamén Presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes; o Presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira; a Secretaria da Fundación, Patricia Arias; o Premio Trasalba 2024, Maribel Outeiriño; e o Premio Trasalba 2023, Luis Davila.



  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Para iniciar este acto, tomou a palabra o Presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, quen resaltou a figura da homenaxeada.




Un dos momentos máis especiais foi a intervención de Christian Switek, tradutor ao alemán da obra de Rosalía de Castro, que disertou sobre “a novela de Rosalía de Castro visto por Otero Pedrayo desde a perspectiva dun tradutor aleman de Rosalía”.





PRIMEIRA ENTREVISTA



Maribel Outeiriño, xornalista do diario “La Región” desenvolveu a primeira entrevista a Otero Pedrayo dentro dunha serie de longas entrevistas que fixo a partir de 1972 e destacaba que era “sumamente culto, moi cariñoso e acolledor”.


Posteriormente, presentouse o libro titulado “Maribel Outeiriño, Unha Fada Céltica” a cargo de Susana Reboreda, membro do Patronato e vicerreitora da Universidade de Vigo.


Nas intervencións durante o acto, resaltouse que Maribel Outeiriño destacou como xornalista cunha “fonda pegada que achegou á sociedade ourensana, a través do xornal La Region, a figura de Otero Pedrayo” resaltando que “a súa profesionalidade e implicacion co Patriarca das Letras Galegas deixounos momentos inesquecibles co paso do tempo”.


A entrega do Premio Trasalba contou coa música do cantautor Emilio Rúa, que interpretou cancións coma “Bocarribeira” de Pedrayo. Tamén fíxose entrega do libro de fotos lembranza do acto do ano pasado a Luis Davila, Premio Trasalba 2023.


ACTO DE ENTREGA


O Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, foi o encargado de entregar o Premio Trasalba 2024 a Maribel Outeiriño. O premio é un recoñecemento simbólico representado polo “Ramonciño”, obra do escultor Manuel Buciños.




O acto rematou co discurso de Maribel Outeiriño recordando as experiencias vividas con Otero Pedrayo, posteriormente co agradecemento a cargo do Presidente da Fundación Otero Pedrayo e escoitouse unha intervención histórica de Otero Pedrayo.


Tras este acto, os participantes disfrutaron dun xantar de amizade no souto da Casa Museo de Trasalba na localidade ourensana de Amoeiro.



Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar