O libro 'Moito que contar', historias, curiosidades e segredos do Deportivo

A obra de Moncho Viña, que xa está nas librerías, resposta a preguntas como por que os Riazor Blues se chaman así ou cal é o motivo de que as celebracións sexan en Catro Camiños

00:00

Escoita a entrevista con Moncho Viña en Deportes Cope Coruña

Deportes COPE Coruña

Coruña - Publicado el

2 min lectura

Esta semana chegou ás librerías da Coruña a obra 'Moito que contar. Dépor e radio: dúas paixóns e un cento de historias', do xornalista Moncho Viña (A Laracha, 1955). O libro ten 110 capítulos que repasan anécdotas, segredos e curiosidades de distintos momentos da historia do Deportivo da Coruña. Hai imaxes inéditas, documentos e respostas a cuestións que xa forman parte da tradición branquiazul. “Que se van encontrar os lectores? Pois, por exemplo, respostas a preguntas como por que os Riazor Blues se chaman Riazor Blues. Podes pensar que son Riazor polo campo e Blues porque van de azul. Pero hai máis. Só adianto que os Riazor Blues viñeron dun partido en Vigo”, explicou Moncho Viña, nunha entrevista en Deportes Cope Coruña.

Na creación desta obra, o que fora xornalista de Radio Nacional de España, contou coa colaboración tamén de Alfonso Hermida, Adrián Menéndez e Henrique Rabuñal. "O tempo que pasamos convertindo as historias en libro -porque as historias poden ser miñas, pero ter unhas historias non significa ter un libro- e o tempo que pasamos para convertilas en libro para min foi marabilloso, non o cambiaría por nada. Alfonso Hermida e Adrián Menéndez son de sempre relacionados co Deportivo e o mundo do deporte, e Henrique Rabuñal e catedrático de lingua, tamén moi deportivista, pero é profesor no institudo. O libro é a partes iguais entre os catro", asegura o escritor.

Viña prefire que sexan os lectores os que descobran as respostas as preguntas que plantexa, pero lanza máis curiosidades que se poden atopar en 'Moito que contar'. “Son 110 capítulos, e aparte hai outras historias máis pequenas. Por que os títulos se celebran nos Catro Camiños? Por que non acabou ben a relación entre Arsenio e Augusto? O camiña ou reventa, que foi o inicio dol Deportivo. Aí apareceron documentos que incluimos no libro. O primeiro documento do camiña ou reventa está no libro, un manuscrito de Augusto. Hai como dez anécdotas de Arsenio. Son historias marabillosas”.

Imaxes inéditas

“Aparecen aproximadamente 140 fotos. Esas fotos, moitas delas, son especialísimas. Hai fotos cedidas pola familia de Arseinio, fotos cedidas pola familia de Amancio Amaro. Estou moi orgulloso de poder dispoñer de esas fotos que nos cederon eles. Algunhas son sorprendentes e marabillosas. A foto da última vez que se deron a man Arsenio e Augusto”.

O libro 'Moito que contar. Dépor e radio: dúas paixóns e un cento de historias' xa está á venda nas librerías, pero terá tamén a súa presentación oficial na Feira do Libro da Coruña o próximo 4 de agosto ás 19.00 horas.

Temas relacionados

Programas

Último boletín

01:00H | 8 sep 2024 | BOLETÍN