Xunta de Galicia

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento en 3 quilómetros do rego de San Vicenzo, en Valdoviño

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento en 3 quilómetros do rego de San Vicenzo, en Valdoviño

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

As tarefas que está a executar Augas de Galicia na parroquia de San Vicente de Meirás inclúen a retirada de árbores e biomasa da canle fluvial e labores de roza selectiva

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar hoxe actuacións de conservación e mantemento en varios tramos fluviais do rego de San Vicenzo, no concello de Valdoviño.As tarefas, que se desenvolverán na parroquia de San Vicente de Meirás, estenderanse ao longo de algo máis de 3 quilómetros e consistirán na retirada de árbores e biomasa presentes na canle fluvial para evitar atoamentos así como en labores de roza selectiva e puntual de arbustos no acceso. Con tal fin, os técnicos empregarán ferramentas manuais, motoserras e rozadoiras ademais de maquinaria de apoio como un tractor e un minidumper.Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo dependente do Executivo galego, o tramo sinalado quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas. Os traballos, que xa foron comunicados ao concello, prolongaranse durante aproximadamente tres semanas.Cómpre subliñar que Augas de Galicia desenvolve este tipo de accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia–Costa e nas súas zonas de acceso e protección. Neste caso, ademais, trátase dunha área catalogada como de alto risco potencial significativo de inundación (ARPSI), que contan cunha programación anual específica para o seu mantemento.O obxectivo final é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 13 SEP 2024 | BOLETÍN