Xunta de Galicia

A Xunta reforza a protección das vítimas de delitos cunha maior coordinación entre o Instituto de Medicina Legal de Galicia e as Oficinas de Asistencia ás Vítimas

A Xunta reforza a protección das vítimas de delitos cunha maior coordinación entre o Instituto de Medicina Legal de Galicia e as Oficinas de Asistencia ás Vítimas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O Goberno galego pon en marcha un protocolo de actuación centrado na práctica da proba preconstituída co obxectivo de harmonizar as funcións periciais e asistenciais

Búscase así previr a revitimización e ofrecerlles ás vítimas unha contorna xudicial amigable, no marco da aposta por impulsar unha xustiza máis próxima á cidadanía

A Xunta puxo en marcha un protocolo de coordinación entre o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) e as Oficinas de Asistencia ás Vítimas (OAVs) das cidades galegas para reforzar a protección das persoas vítimas de delitos. A colaboración céntrase na práctica da proba preconstituída e ten como obxectivo harmonizar e evitar solapamentos nas funcións periciais e asistenciais que prestan os profesionais destes centros, establecendo pautas de guía para previr a revitimización.A proba preconstituída é a que se realiza antes de que se inicie un xuízo e, coa reforma da Lei de Axuizamento Criminal de 2021, establécese como norma xeral no caso de vítimas especialmente vulnerables, como menores ou persoas con discapacidade, ademais de permitirse cando as circunstancias da vítima e a gravidade dos feitos o aconsellen. Esta práctica na fase de instrución e a súa reprodución no acto do xuízo evita que o lapso temporal entre a primeira declaración e a data do xuízo oral afecte á calidade do relato, así como as segundas vitimizacións.O interese superior da vítima sitúase así no centro da intervención, e o reforzo da coordinación na aplicación desta proba permite garantir o seu dereito a ser oída en entrevistas realizadas por persoal especializado nunha contorna amigable e sen ter que facelas de xeito repetitivo. Nesta liña, o protocolo enmárcase na aposta da Xunta por impulsar unha xustiza próxima á cidadanía, ademais de áxil, moderna e eficiente.Segundo o documento, a figura que mellor se axusta ás particularidades da proba preconstituída é a do psicólogo forense, como profesional legalmente capacitado para prestar asistencia técnica emitindo informes psicolóxicos sobre aspectos cognitivos, emocionais e comportamentais das persoas investigadas, condenadas, testemuñas, vítimas e demais actores xurídicos. En función do obxecto de actuación poderá intervir tamén o traballador social que forme parte do equipo psicosocial.Pola súa banda, o papel do psicólogo da OAV na proba constituída enmárcase no acollemento á persoa entrevistada antes da proba e a descompresión emocional despois dela. Poderá tamén levar a cabo un seguimento posterior para valorar a resiliencia e vulnerabilidade con vistas ao xuízo oral, minimizando así a vitimización secundaria.O Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) concentra a pericia pública oficial médico–legal, de psicoloxía e de traballo social forense na comunidade galega. Dispón de sete subdireccións, unha en cada unha das sete cidades galegas, e conta con 135 profesionais entre médicos forenses, psicólogos, traballadores sociais, funcionarios dos corpos xerais e auxiliares de autopsia.Por outra banda, a Xunta vén traballando na consolidación do modelo de atención asistencial a través das OAVs no ámbito da xustiza. Este sistema inclúe a intervención psicolóxica e asistencia social cunha atención individualizada da vítima co obxectivo de posteriormente aplicar medidas de protección necesarias que minimicen os trastornos psicolóxicos e propoñer outras que garantan a protección durante todo o proceso xudicial e tamén un seguimento posterior. Así, entre os últimos avances realizados, está a implantación da cita previa e a actualización da información dispoñible na sede electrónica da Xunta. Ademais, impulsáronse campañas e actos divulgativos e formativos en diversos ámbitos e estase a traballar na elaboración dun manual de boas prácticas para o tratamento informativo dos datos das vítimas e na posta en marcha dunha primeira versión do Sistema de Información das OAVs.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 13 SEP 2024 | BOLETÍN