La Xunta aprueba el proyecto de trazado y el estudio ambienal del enlace Viveiro-VAC Costa Norte

El Consejo de Gobierno de la Xunta de Galicia aprobó el expediente de información pública y el proyecto de trazado y estudio de impacto ambiental del enlace al centro de Viveiro desde la vía de alta capacidad Costa Norte. Con este enlace, la VAC funcionará como auténtica variante de Viveiro descongestionando de tráfico la travesía de Viveiro, Landrove, Covas y Celeiro, que registran notables retenciones sobre todo en época estival Está convencidos que el impacto ambiental y paisajístico es mucho menor que el del trazado inicialmente previsto, ya quye exigirá menos expropiaciones y un menor volumen de movimeineto de tierras.

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A Axencia Galega de Infraestruturas considera que o trazado elixido mellora a accesibilidade ao núcleo de Viveiro e, polo tanto, a mobilidade local. Ademais, suporá un impacto ambiental e paisaxístico moito menor que o trazado inicialmente previsto, que estaba moito mais alonxado de Viveiro, xa que esixirá menos expropiacións e un menor volume de movementos de terras e de altura dos desmontes, coa conseguinte diminución dos custos da actuación.

A inclusión dun enlace intermedio ou central de Viveiro no proxecto da VAC Costa Norte  resulta fundamental para captar tráfico e deste xeito rendibilizar socialmente o elevado investimento que implica esta infraestrutura. Con este enlace, a VAC entre Celeiro e Viveiro sur funcionará como auténtica variante de Viveiro, desconxestionando de tráfico as travesías de Viveiro, Landrove, Covas  e Celeiro, que rexistran notables retencións sobre todo na época estival, o que sen dúbida mellorará notablemente a calidade de vida dos habitantes destes núcleos urbanos, que contarán cunha estrada alternativa segura, cómoda e rápida.

Condicións

O acordo aprobado hoxe polo Consello establece que para a redacción do proxecto de construción se deberán considerar a redución das afeccións a bens e dereitos, en concreto desprazando a glorieta da LU-540 e desprazando suavemente o tronco da VAC para minimizar os efectos indirectos sobre as vivendas do lugar da Rúa Nova, e minorando o impacto sobre a paisaxe no contorno da igrexa de Magazos mediante a conservación da actual barreira vexetal, aumentando a zona de dominio público.

Así mesmo, teranse que considerar os aspectos mencionados nos informes emitidos pola Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, polas direccións xerais de Conservación da Natureza e a de Patrimonio Cultural, todos eles recollidos na declaración de impacto ambiental.

Nas fases posteriores do proxecto e na execución da obra recollidos cumpriranse as prescricións da declaración de impacto ambiental (DIA); e ordénase a modificación ou revisión do planeamento urbanístico do concello de Viveiro afectado polo proxecto de trazado e estudo impacto ambiental aprobado, o cal deberá acomodarse ás determinacións no prazo dun ano desde a súa aprobación.

Na páxina web http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas porase á disposición dos interesados un documento coa planta do proxecto de trazado aprobado.

Características do trazado

O enlace centro de Viveiro coa VAC da Costa norte terá dous quilómetros de lonxitude e unha sección tipo autovía, con catro carrís de 3,5 metros cada un e un tronco de 24 metros de largo en total. Contará con tres viadutos, dous pasos inferiores e dúas glorietas.

Comparativa de trazados

No seguinte esquema comparativo pode comprobarse a diferenza entre o trazado aprobado pola resolución publicada no DOG do 18 de xullo de 2006 (sombreado en gris), e o novo trazado proposto en cor vermella, que recolle o novo enlace cara a Viveiro.

 

 

 

Antecedentes

En xullo de 2006, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou definitivamente o estudo informativo e de impacto ambiental da VAC Ferrol – Barreiros (conexión A-8), treito: O Barqueiro – San Cibrao (clave: LU/00/63.0), documento que fora sometido a información pública en xuño de 2003.

Durante a fase de redacción do proxecto de trazado que desenvolvía o estudo informativo no subtreito Viveiro sur-Celeiro, detectouse a necesidade de mellorar a accesibilidade ao núcleo de Viveiro mediante a incorporación dun novo enlace, o que permitiría canalizar parte do tráfico que circula pola estrada LU-862 pola nova vía, en condicións máis favorables de seguridade, comodidade e rapidez. Para iso, facíase necesario exceder a banda de flutuación prevista no estudo informativo aprobado en 2006, sendo preciso un novo trámite de información pública que se iniciou en agosto de 2010.

Durante este novo período de información pública e petición de informes ás administracións afectadas, recibíronse unha serie de alegacións e informes que foron convenientemente analizados e aos cales se lles deu resposta no correspondente informe de alegacións.

En marzo de 2012, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental, que foi publicada no DOG do 14 de xuño de 2012, cuxos condicionantes deberán ser atendidos no futuro proxecto de construción e durante as obras.

Dous dos informes emitidos durante a fase de información pública (en concreto, os da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro), rexeitan o trazado proposto, polo que, ao abeiro do artigo 15.2 da Lei 4/1994, de estradas de Galicia, a competencia para aprobar definitivamente o proxecto de trazado e para resolver o expediente de informe das administracións afectadas corresponde ao Consello da Xunta de Galicia. Por este motivo, a CMATI propuxo ao Consello da Xunta a adopción do acordo acadado no día de hoxe.

 

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 30 ABR 2025 | BOLETÍN