
Gonzalo Castro: "Superamos con nota o exame de compaxinar a extensa oferta do Coliseum cun esixente calendario deportivo"
O concelleiro puxo en valor o traballo levado a cabo polo Concello da Coruña para ser unha das sedes do Mundial 2030. "Riazor será un gran espazo multiusos que integre todo tipo de eventos e conte cun plan de negocio sólido"