dia de todos os santos e defuntos

O concello da Coruña reforza os buses que dan servizo ós cemiterios municipais

O obxetivo é facilitar os desprazamentos da cidadanía nestes días. Amplíase tamén o horario de apertura dos camposantos coruñeses

Refuerzo de buses a los cementerios coruñeses
00:00

Eva Iglesias

Coruña - Publicado el

1 min lectura

O concello da Coruña vén de definir o dispositivo especial de transporte urbano con vistas a mañá e o venres, data na que se conmemora a festividade de Todos os Santos e na, que como é habitual, increméntanse os desprazamentos da cidadanía aos cemiterios municipais. Son días nos que os cidadáns aproveitan para adecentar e por flores ós seus seres queridos falecidos.

No caso de Feáns, está previsto que tanto mañá coma o venres se reforcen as liñas 23 e 23A con dous autobuses máis. No referente aos cemiterios de San Pedro de Visma, San Amaro, Oza e San Cristovo das Viñas, o reforzo activarase especificamente para o venres. Así, as persoas que se acheguen ao cemiterio de San Pedro de Visma terán á súa disposición as liñas 3, que contará cun vehículo máis, 3A, 12 e 14.

No tocante ao cemiterio de San Amaro, habilitaranse tamén as liñas 3 e 3A, ás que se sumará a liña 11, cun percorrido transversal da cidade e que se reforzará con dous autobuses adicionais. Ademáis, á contorna do cemiterio tamén darán servizo as liñas 4, 5, 6, 6A, 7 e 17. Por outra banda, ao cemiterio de Oza (O Castrillón) poderase chegar a bordo das liñas 1, 12A e 14. E ao de San Cristovo das Viñas (O Birloque) nas liñas 5, 12A, 20 e 22.

horario cemiterios

Cómpre lembrar, ademáis, que ata este venres será efectiva a ampliación do horario para acceder aos cemiterios municipais, que estarán abertos de nove da mañá a sete da tarde. É unha hora máis do habitual. Xa durante a fin de semana volverase ao horario habitual, con peche ás seis da tarde. 

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN