Dáse a coñecer unha obra inédita de Isaac Díaz Pardo no Día das Artes Galegas
É unha xilografía que lle foi entregada ao concello de Sada

Monumento a los represaliados de la Guerra Civil en A Coruña, obra de Isaac Díaz Pardo
Coruña - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
O Concello de Sada, a través da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, recibiu este martes unha copia numerada dunha obra inédita ata o día de hoxe do mestre Isaac Díaz Pardo. O consistorio lembra que quen se lle adica este 2025 o Día das Artes Galegas, que se celebra este 1 de abril
A obra do autor trátase dunha xilografía que Díaz Pardo levou a cabo no ano 1964 durante unha das súas estancias na cidade de Buenos Aires. O traballo estivo custodiado durante todos estes anos pola familia de Luis Carlos Ángel “Pocholo” Sánchez, empregado da fábrica Celtia e as Porcelanas de Magdalena.

Xilografía de Isaac Díaz Pardo entregada a Sada
Estará exhibido na Casa da Cultura
O Concello de Sada agradece o presente recibido e exhibirá o seu exemplar na Casa da Cultura Pintor Lloréns en canto estea debidamente enmarcado e protexido. Mentres isto non aconteza, amosan unha carta na que se detalla a traxectoria da obra e un vídeo para afondar na súa orixe.
O Concello de Sada sinala que participará de xeito activo, xunto coa Asociación Suárez Picallo, e a de Magdalena nun documental que se está a elaborar. Agardan que vexa a luz antes da chegada do verán.