Martinete (A Coruña) di adeus ao esqueleto urbanístico que fixo a vida imposible ao barrio

O concello executa as obras ante a negativa da propiedade a executalas. A previsión é que a intervención remate durante o primeiro trimestre do vindeiro ano

A alcaldesa, no comezo da demolición do esqueleto do Martinete
00:00
Noela Bao

A Alcaldesa supervisa as obras de demolición

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A alcaldesa, Inés Rey, asistiu este martes ao inicio das obras de derruba do esqueleto urbanístico existente entre as rúas Luís Peña Novo e Mozart, unha intervención que forma parte dos compromisos asumidos pola rexedora coa veciñanza do Martinete neste mandato.

Rey lembrou que a problemática existente con esta estrutura remóntase a hai máis de 15 anos, xa que o esqueleto remóntase aos anos da crise financeira do 2008. “Como xa recalcamos en numerosas ocasións, a propiedade nunca chegou a completar as obras necesarias para darlle acceso ás vivendas, polo que o edificio ficou sen rematar e, polo paso do tempo e a conseguinte deterioración da estrutura, as obras declaráronse ilegalizables”.

A alcaldesa, que citou ás veciñas e veciños para explicarlles os prazos da actuación, estivo acompañada polo concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, e pola concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, que tamén atende ás demandas veciñais do distrito 7.

¿Un futuro parque? 

Rey subliñou que a previsión do Concello é que os traballos de demolición, que se levan a cabo pola vía de execución subsidiaria, duren aproximadamente catro meses, co obxectivo de velos rematados no primeiro trimestre de 2025, deixando así o terreo baleiro.

Actualmente, o esqueleto ocupa un soar dunha superficie de máis de 1.100 metros cadrados, e, co paso dos anos, foi converténdose nun foco de insalubridade e maleza. “A súa progresiva deterioración derivou nun risco para a seguridade das persoas. Por iso, tras anos e anos de desleixo por parte da propiedade, o Concello xa está a actuar para poñer fin a un problema que, durante moito tempo supuxo unha grande incomodidade para a veciñanza”, subliñou Rey, que lembrou que a propiedade nunca rematou a construción para facilitar o acceso ás vivendas, e, a posteriori, tampouco se responsabilizou á hora de rehabilitar e manter a estrutura.

A alcaldesa, Inés Rey, coa veciñanza do Martinete

Andy Perez

A alcaldesa, Inés Rey, coa veciñanza do Martinete

Neste sentido, e como paso previo á intervención sobre o esqueleto en si, xa ao longo da semana pasada se foi instalando o valado perimetral de protección que delimita o espazo onde se actuará. Como xa se informou en semanas previas, a empresa encargada das obras de demolición será Hercal Diggers. O Concello destina case medio millón de euros aos traballos.

Na súa visita ao Martinete, Inés Rey tamén apuntou que o Goberno municipal terá en conta as suxerencias da veciñanza no tocante ao futuro aproveitamento dos terreos nos que actualmente está ubicado o esqueleto. Entre elas, un parque.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Programas

LOS ÚLTIMOS AUDIOS

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN