As persoas inmigrantes na Coruña amosan máis espírito emprendedor que a poboación local

O presidente da Deputación coruñesa coñeceu Ecos do Sur os programas que apoia a Deputación e que buscan a inclusión social e laboral de persoas en situacións vulnerable

00:00

Valentín González Formoso fala do espírito emprendedor dos inmigrantes

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado da deputada de Política Social, Mar García Vidal, visitou hoxe a sede da ONG Ecos do Sur na cidade da Coruña co obxectivo de coñecer en primeira persoa o seu traballo, as súas necesidades e o funcionamento dos programas que contan co apoio económico da Deputación a través das liñas de subvencións para entidades sociais.

Formoso foi recibido pola vicepresidenta da entidade, Ana Ulloa, a directora xeral, Saray Durán, a responsable de Comunicación, Natalia Monje, e outras integrantes da xunta directiva, coas que coñeceu as instalacións de Ecos do Sur na avenida de Fisterra da cidade herculina, así como a historia da entidade o traballo que desde 1991 desenvolven no eido da integración social, especialmente vinculada ao acceso de dereitos da cidadanía e participación social de persoas migrantes, mulleres e colectivos en especial situación de vulnerabilidade.

Visita de Valentín González Formoso a Ecos do Sur

Visita de Valentín González Formoso a Ecos do Sur

A directora xeral de Ecos do Sur explicou que contan con sedes na Coruña e Madrid e que seguen un modelo de itinerario de inserción individualizado para cada persoa e de carácter interdisciplinar, que inclúe accións de asesoría xurdídica, traballo social, mediación intercultural, apoio psicolóxico e formación e orientación laboral ou para o emprendemento.

MÁIS ESPÍRITO EMPRENDEDOR

“Desde a súa creación, Ecos do Sur contribuíu a mellorar a vida de miles de persoas e das súas familias. Para a Deputación da Coruña é unha gran satisfacción achegar ano tras ano o noso grao de area para axudar neste gran labor de integración tanto social como laboral que realizan coas persoas migrantes e que son dos factores fundamentais para que a sociedade vexa tamén a inmigración como unha oportunidade de enriquecer a sociedade galega, tendo en conta que Galicia necesita desta poboación”, afirmou o presidente da Deputación, que destacou que segundo os datos que lle trasladaron as responsables de Ecos do Sur “o nivel de emprendemento nos migrantes que eles atenden é máis elevado que entre a poboación local, o que é un aspecto a ter en conta”.

A preguntas dos xornalistas sobre a chegada a Galicia de refuxiados da Guerra de Mali, Formoso avogou por acollelos “con xenerosidade e implicándose na integración social, laboral e educativa destas persoas”. “Nós desde a Deputación, como xa fixemos na Guerra de Ucraína, vimos de ofrecer ao Goberno 44 prazas para acoller a persoas refuxiadas na residencia do IES Rosalía Mera”, lembrou.

OS PROGRAMAS FINANCIADOS POLA DEPUTACIÓN

Durante a reunión, as responsables de Ecos do Sur explicaron polo miúdo os distintos programas que desenvolven, entre eles o programa Ulises, que tamén conta co apoio da Deputación para atención psicosocial das persoas inmigrantes ou o programa Habita Rural, cun modelo de intervención destinado a aproveitar as oportunidades dos concellos máis pequenos e facilitar o asentamento de nova veciñanza nestes municipios. Este programa conta con 363 persoas inscritas, das que un 27% incorporáronse xa a vivir e traballar no rural, a maior parte delas en sectores como o agrogandeiro ou o da rehabilitación de vivendas.

Segundo explicaron as responsables de Ecos do Sur, sectores como a agricultura, a gandería ou a pesca teñen serias dificultades para atopar novos traballadores e para o relevo xeracional, que se están solventando en boa medida con poboación migrante.

Escucha en directo

Directo

COPE A CORUÑA

Directo

COPE MÁS A CORUÑA

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00H | 19 SEP 2024 | BOLETÍN