ENSEÑANZA

O prazo de inscrición para os obradoiros infantís para Semana Santa remata o día 4

A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, lembrou que hai 70 prazas para os urbanos e 30 para o rural

Niños en estudios

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O prazo de inscrición para os obradoiros obradoiros infantís que terán lugar durante as vacacións escolares de Semana Santa baixo o título ‘Xornadas EDUcativas’ remata o día 4 incluído. O obxectivo desta iniciativa, tal e como explicou esta mañá a concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, é “apoiar ás familias na atención aos seus fillos en idade escolar durante dito período”.

As inscricións poden presentaranse no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 h. a 14:00 h., ou en calquera dos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén a través da sede electrónica ata as 23.59 horas do día 4.

Os obradoiros están dirixidos a menores con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Deben ter os 3 anos cumpridos o 11 de abril de 2022 e non cumprir os 13 anos antes do 14 de abril de 2022. O Concello oferta 100 prazas, 70 para os obradoiros urbanos, que se desenvolverán nos ceip de Recimil e de Ponzos, e 30 para o rural, que terá lugar no local da asociación de veciños de Esmelle, explicou a edil.

O horario será de 8.30 a 14.30 horas e os interesados poden consultar toda a información no Taboleiro de Anuncios do Concello de Ferrol, no enlace: https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios.