OCIO

A parroquia de San Xiao celebrará o San Xoán cunha churrascada e sardiñada e un concerto de Sés

Organizado polo Padroado da Cultura de Narón e a AVV Ceibe

Luis Doce e Marián Ferreiro durante a presentación de San Xiao - FOTO: Concello de Narón

Redacción COPE Ferrol

Ferrol - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A parroquia de San Xiao, en Narón, celebrará o vindeiro 22 de xuño a tradicional churrascada e sardiñada organizada dende o Padroado da Cultura e a AVV “Ceibe” con motivo do San Xoán.

A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, presentou este luns os actos acompañada de Luis Doce, vicepresidente da citada entidade veciñal. Ferreiro destacou que a cita contará cun apartado musical que pechará co concerto da cantautora galega María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés.

A programación da xornada, que se desenvolverá nas inmediacións do Centro Cívico Social de San Xiao, dará comezo ás 19,00 horas, con xogos tradicionais, populares e inchables para as nenas e nenos.

O apartado gastronómico dará comezo ás 21,00 horas, coa sardiñada e churrascada popular, na que se servirá churrasco, criollo, pan e bebidas a un prezo de 15 euros para os socios da AVV “Ceibe” e de 18 para o resto de asistentes, e tamén sardiñas, tres unidades por dous euros.

Serviranse unhas cincocentas racións, tal e como indicaron dende a entidade veciñal. Ademais informaron que a persoa que se faga socia ese día pagará o prezo dos socios e indicaron tamén que os tickets se poden adquirir xa no Centro Cívico Social de San Xiao, en horario de 19,30 a 21,00 horas.

A música dará comezo ás 21,00 horas, amenizando a xornada gastronómica a música tradicional da charanga Alxibeira e ás 22,00 horas dará comezo o concerto de música tradicional de Sés, que interpretará varios temas do seu repertorio.

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 31 OCT 2024 | BOLETÍN