Falece Luz Pozo Garza, a muller que extraía a poesía do corazón

Pozo Garza faleceu esta semana, repasamos tres poemarios esenciais dunha figura clave da literatura galega

Luz Pozo Garza en tres obras esenciais

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O mundo da cultura chora estes días o falecemento de Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) unha das poetisas máis relevantes das últimas décadas en Galicia. Académica da RAG, residía na Coruña dende a década de 1990. Ía facer xa 98 anos.

Escritora prolífica, aínda en 2016 Alvarellos publicaba Rosa Tántrica, o seu último poemario. Con todo, ademáis de poesía Luz Pozo deixa un interesante conxunto de ensaios sobre literatura que van dende Anxel Fole e Manuel María ata a poesía medieval na ría de Vigo e Rosalía de Castro.

¿Por onde podemos iniciarnos na poesía de Luz Pozo Garza?

O Paxaro na Boca, 1952

A paisaxe da Mariña de Lugo, a súa terra natal, feita posesía cunha visión moi aguda dos detalles. Publicouse na colección Xistral. Poesía extraída directamente do corazón, segúndo se dixo nas crónicas da época.

"Son unha pola túa, mesmamente, 

xesta amantiña no serán do peito, 

regueiro novo, onde os peixes cantan

chuvia da túa man amorosiña"

Códice Calixtino, 1986

Publicado por Sotelo Blanco, Luz Pozo fala da vida e da morte, do amor, se sentimentos. O título cólleo da obra medieval do Codex Calistinus, unha guía sobre los Camiños de Santiago.

"Fuxían as escuras peonías

lonxe do corazón adolescente:

Aínda non entraras nos palafitos da morte"

As Arpas de Iwerddon, 2002

Homenaxe á Irlanda mítica e ás conexións con Galicia. Os dous países irmanados a través da poesía.

"Ith fillo de Breoghan

Esculcaba o horizonte desde o alto 

Da Torre de Brigantia 

Era unha noite clarísma de lúa 

Era como un espello toda a palma do ma"

HOMENAXE DA REAL ACADEMIA GALEGA

A RAG dende a súa conta de twitter quixo despedir esta semana a Luz Pozo co poema "Elexía pola filla dun mariñeiro", que a escritora compùxo en 1982.

Tamén o mundo da política quixo despedir estas últimas horas a Luz Pozo Garza. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dicía este luns "Lamento o pasamento da poeta e membro da @AcademiaGalega  Luz Pozo Garza, unha muller que sempre foi varios pasos por diante do seu tempo e unha autora memorable. Foi precursora das nosas letras contemporáneas con máis de 70 anos de traxectoria literaria. Descanse en paz".

A nacionalista Ana Pontón publicou un poema da escritora e afirma que "Galiza está de loito, vaise unha grande das nosas letras. Un sentido adeus a Luz Pozo Garza". Tamén o socialista Gonzalo Caballero dicía en Twitter que se foi "una das grandes da poesía galega".