Galicia rexistra o xaneiro mais cálido dende 1966

A temperatura media na comunidade superou os 1,8 ºC nas máximas e os 2 ºC nas mínimas o que converte a este xaneiro no segundo mais cálido da serie histórica

00:00

Falamos no Mediodía en Galicia con Pablo González, técnico de Meteogalicia

íñigo Landa

Santiago - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Son xa varias as xornadas consecutivas nas que a Comunidade Autónoma de Galicia está rexistrando temperaturas máximas que están a superar os 20ºC y que nalgúns casos, mesmo estiveron por riba dos 22. Como aconteceu nestas últimas datas na cidade de Pontevedra. Temperaturas moi altas para estas alturas do inverno que non só afectaron ao sur de Galicia, se non que se produciron tamén en puntos ao norte da provincia de Lugo. Cunha singularidade: nas últimas xornadas foron anormalmente altas tamén as temperaturas mínimas.

Todo isto converte a este mes de xaneiro no segundo coa temperatura máxima media mais alta da serie histórica, que arranca en 1961. E só superado polo ano 1966, cando as máximas acadaron 2ºC por riba da media, mentres que neste 2024 esa anommalía á alta quedou en 1,8ºC.

Rexistros que levan aos expertos de Meteogalicia a cualificar ao mes e xaneiro de 2024 como "extremadamente cálido". Cóntanolo o técnico de climatoloxía e observación da Consellería de Medio Ambiente, Pablo González, lembrando que "non hai que ir moi atrás para atopar un mes de xaneiro moi semellante a este, xa que no de 2016 a desviación positiva das temperaturas foi de 1,7ºC".

MÍNIMAS DOUS GRAOS POR RIBA DA MEDIA E MALA CALIDADE DO AIRE

Aínda que a excepcionalidade deste mes de xaneiro non se atopa só nas máximas, "pero tamén nas mínimas que estiveron dous graos por riba da media da serie histórica".

E sen que se albisquen grandes cambios para o arranque do mes de febreiro "a lo menos na primeira semana que vai ser moi semellante a esta última de xaneiro".

Na que seguiremos coan influenza anticiclónica que bloquea a chegada das frontes dende o Atlántico e que provoca a chegada de po en suspensión dende o Sáhara, o que nestas últimas xornadas activou avisos por mala calidade do aire.

Avisos que se poderían ir desactivando estas vindeiras xornadas ante a previsión de fortes ventos do nordés que limparán o aire. Ata entón, seguirán activos pola presenza do contaminante PM 2.5, é dicir, pequenas partículas en suspensión de menos de 2,5 micrómetros e que nestas últimas xornadas se dectaron con maior incidencia en Vigo, A Coruña, Ourense e Ferrol.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 27 DIC 2024 | BOLETÍN