A Gamela impulsa un arquivo histórico para preservar o patrimonio inmaterial de Cabo de Cruz (Boiro)

Piden coaboración dos veciños para reunir fotografías, vídeos e documentos coa historia da parroquia boirense e recompilalo nunha exposición permanente e un documental

00:00

Falamos do proxecto de arquivo histórico en Cabo de Cruz (Boiro) con Pablo Chouza

íñigo Landa

Santiago - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Asociación A Gamela ven de lanzar unha solicitude de axuda aos veciños de Boiro e da bisbarra do Barbanza para impulsar o proxecto A Memoria do Cabo da Cruz.

Trátase dun arquivo histórico de imaxes e documentos para proceder a súa dixitalización e co que "manter o patrimonio inmaterial de todo o Castro e recoller as testemuñas de persoas maiores sobre o noso pasado que serán logo recollidas nun documental".

Cóntanolo o fotógrafo e membro desta asociación boirense, Pablo Chouza, encargado de facer o traballo de recompilación de todo o material que vaian recibindo, despois de lanzas a mensaxe de axuda "a quen poda ter na casa fotografías antigas, documentos históricos ou vídeos" e que poden remitir á asociación ao enderezo gamelacabodecruz@gmail.com

Ou ben entregando os documentos ou fotografías aos propios resposables deste arquivo, para o que poñen a disposición o teléfono 646833730 e que "serán devoltos inmediatamente, xa que sabemos que en moitos casos é material moi sensible e non queremos retelo durante moito tempo"

EXPOSICIÓN PERMANENTE E DOCUMENTAL

Aínda que foi o ano pasado cando xurdiu a idea de poder levar adiante un proxecto de arquivo histórico de Cabo de Cruz, non foi ata hai uns meses cando a obtención dunha axuda a través dos Grupos de Acción Local Pesqueira (GALP) permitiu aos membros da Asociación A Gamela dar o paso definitivo

E que comeza con esta recollida do material, pero que ten como obxectivo, primeiro, a dixitalización de todo o que se recolla para publicado nunha páxina web para, despois, "levar adiante unha exposición permanente das fotografías nos arredores do local da asociación e facer un documental", para o que, e ista é a outra parte do proxecto que nos conta Pablo, "queremos falar coas persoas maiores de Cabo e arredores que nos podan contar cousas do noso pasado e do patrimonio inmaterial da parroquia que, en caso contrario, se perderá con eles".

Un traballo de gravación de entrevistas que comezará en breve para, xunto coa recollida do resto de material en imaxes, vídeos e documentos, afrontar xa para este verán a culminación deste proxecto de arquivo histórico na parroquia mariñeira boirense de Cabo de Cruz.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 27 DIC 2024 | BOLETÍN