O pop luminoso de PAVA chega a Santiago da man de Lucía Aldao

A banda que encabeza a música e poeta coruñesa presenta este domingo o seu último traballo PAVA3 que verá a luz este vindeiro 19 de decembro

íñigo Landa

Santiago - Publicado el

3 min lectura

      
      
             
      

Foi no ano 2021 cando a poeta e música coruñesa Lucía Aldado sacou a luz o seu primeiro traballo musical en en solitario e en formato de EP PAVA, que tivo unha segunda parte xusto un ano despois con PAVA2. Traballos "feitos desde Berlín co meu productor Diego Delgado" cóntanos a propia autora que, vendo que había ahí "certa acollida e certa demanda do que ía quedar desta historia", decidiu montar unha banda. 

E para iso xuntou "a amigos e amigas maravillosos cos que tirar para diante" e conformar a actual formación de PAVA que, ademais da propia Lucía Aldao, conta con Analís na batería, David Santos no baixo e Pablo Silva na guitarra

Todos eles responsables de que este vindeiro 19 de decembro vexa a luz o EP PAVA3 con cinco temas, "tres de bailar e dous de chorar", dos que só puidemos escoitar ata agora dous pelotazos pop como son Catastro, publicado en maio, e O himno da lesíón que soarán na presentación oficial do disco na Sala Mardi Grass da Coruña o vindeiro 5 de decembro, aínda que haberá un adianto no concerto que ofrecerán este domingo 15 de decembro dentro da programación do Mercado da Estrela que se celebra toda esta fin de semana en Santiago de Compostela.

A MISÁNTROPA RIQUIÑA  QUE VEN PARA FICAR

A poeta e compositora coruñesa é a responsable das melodías e letras dos temas mais o traballo dos arranxos é un labor de equipo ao que se suma Julián Goicoa, tamén produtor da banda. Ao fronte da masterización atópase Álvaro Gallego.

Un traballo colectivo que a propia Lucía pon en valor ao asegurar que "o disco foi gravado en directo e ese son é o que se nota do disco e está enfocado a cómo vai soar nos bolos", nun exercicio de siceridade musical. 

Iris Justo

Lucía Aldao

Sinceridade que haberá que certificar na versión de Castastro que aínda non escoitamos, que leva por título Castastriño e que se publica no propio PAVA3 "como un exercicio de ver como nacen as cancións dende que eu as compoño e toco coa guitarra na miña casa, e cómo medran cando pasan polas mans dos meus compañeiros de banda". 

      
             
      

Exercicio musical que xa se puido comprobar nos primeiros concertos do grupo coa interpretación dun dos mais coñecidos temas de Lucía Aldao, A Misántropa Riquiña que tocou ela ao comezo do concerto soa coa guitarra e co que a banda ao completo pechou a actuación aportando unha enorme sonoridade e pegada pop e noise á xa de por sí impactante canción.  

E aportando, ademais, novas ideas e propostas escénicas e sonoras ao variado e rico panorama musical galego neste primeiro cuarto do século XXI. 

Y é que, como di a propia Lucía, "estamos nun momentazo na música galega y é un pracer ter un pe metido ahí con PAVA". Aínda que os hai quen pensamos que mais que un, teñen os dous pes ben metidos no que cicais sexa o mellor momento da música pop galega e en galego de toda a historia.

      
             
      

Esperemos que así sexa e que A Misántropa Riquiña, a diferenza do que di a canción, xa non marche Lucía Aldado e PAVA fiquen onde van estar a partir de agora.