Sabes quen é a autora desta fotografía de Rosalía de Castro?
María Cardarelly (Zaragoza, 1845) foi a primeira muller en ter estudio propio de fotografía en Galicia e ven de ser incorporada ao Álbum do Consello da Cultura Galega
Santiago - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Non foi moi prolífico o traballo fotográfico que María Cardarelly, nada en Zaragoza en 1845 e chegada a Galicia uns anos despois polos negocios familiares da súa familia, desenrolou no que se considera o primeiro estudio fotográfico que unha muller tivo en Galicia. Apenas seis fotos quedan dese traballo, fundamentalmente retratos, desenrolado en Santiago de Compostela. Pero que dúas desas imaxes teñan como protagonista a Rosalía de Castro fai que o Consello da Cultura Galega veña de incorporar a María Cardarelly ao seu Álbum de Galicia.
Grazas ao traballo investigador do historiador fotográfico Vítor Vaqueiro, que no Mediodía de COPE Galicia conta algún dos aspectos mais salientables dunha muller da que "non se coñece moito, de feito nin siquera sabemos cal foi a data da súa morte" xa que, tras chegar coa súa familia a abrir o negocio familiar de tintorería a cidades como Lugo e Ourense, para pasar logo a Santiago de Compostela e rematar en Ferrol, sí se sabe que tras enviuvar dúas veces, marchou para Madrid.
Y é só en Santiago de Compostela onde se ten constancia da súa actividade como fotógrafa, con media ducia de traballos "que asina a propia María Cardarelly" onde coincidiu coa poeta e escritora Rosalía de Castro "coa que puido ter chegado a manter unha relación de amizade", o que explicaría os dous retratos polos que vai pasar á historia fotográfica de Galicia.
Unha relación que se mantivo "no Liceo de la Juventud", explica Vítor Vaqueiro, xa que "consta a participación de ambas nunha representación teatral en 1860" no Teatro Principal de Santiago, montada a prol dos feridos da guerra de África. O que puido ser a orixe da relación que permitu que Rosalía de Castro aceptara ser retratada por María Cardarelly.
E deixando a proba de que foi a primeira muller en ter un estudio de fotografía propio en Galicia "a pesar de que naquel tempo, outras mulleres sí traballaban na fotografía pero na compaña dos seus maridos".
Deste xeito, a zaragozana María Cardarelly entra no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega como pioneira desta actividade fotográfica alá polos anos 60 do século XIX.