Xunta de Galicia

Anxo M. Lorenzo sinala a Feira do libro de Ponteareas como promotora da literatura en galego

Anxo M. Lorenzo sinala a Feira do libro de Ponteareas como promotora da literatura en galego

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O director xeral de Cultura participa na inauguración da oitava parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia que contará con Alexandre Bouzó como pregoeiro

Ata o domingo están previstas máis de medio cento de propostas culturais entre presentacións de obras, iniciativas para o público infantil ou as sinatura de libros nas que participarán unha trintena de escritores galegos

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da Feira do Libro de Ponteareas, oitava parada do circuíto posto en marcha pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia que este ano percorre 13 localidades ata o mes de agosto.No acto de apertura, que contou con Alexandro Bouzó como pregoeiro, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou a importancia destas feiras para o sector, “xa que como método de compra, a libraría tradicional aparece como a canle favorita dos galegos para adquirir libros”. O director xeral de Cultura tamén sinalou como “estas iniciativas enchen a cidade de plans culturais para todos os públicos”. No marco desta cita, Anxo M. Lorenzo agradeceu o traballo levado a cabo polos implicados na organización desta feira que contará con medio cento de actividades entre as que destacan as sinaturas de libros que traerán a máis de 30 escritores galegos ata as casetas que se atopan nos xardíns da Xiralda. Neste senso, destacou “que o índice de lectura en Galicia atópase case un punto e medio por enriba da media estatal o que pon de manifesto a importancia destas iniciativas que promoven a lectura e o libro en galego”. As Feiras do Libro forman parte da labor de dinamización para o sector libreiro e do libro galego. Deste xeito, as actividades propostas para estes días atópanse enmarcadas no programa CulturON impulsado pola Xunta de Galicia para este verán con máis de 30 actividades diarias. Este amplo catálogo de propostas culturais para todos os públicos que inclúe festivais, música, iniciativas infantís, novo circo, teatro, exposicións ou danza.A Feira do Libro de Ponteareas sitúase nos xardíns da Xiralda ata o domingo 14 de xullo coa participación de 6 librarías. Para estes días están previstas medio cento de actividades entre presentacións, actuacións musicais, obradoiros, recitais, actividades infantís e sinaturas de libros nas que participarán unha trintena de escritores galegos.Tras o seu paso por Ponteareas, o calendario continuará ata agosto con paradas en Rianxo (do 24 ao 27 de xullo), A Coruña (do 1 ao 10 de agosto), Viveiro (do 12 ao 15 de agosto), Foz (do 16 ao 19 de agosto) e Monforte de Lemos (do 21 ao 24 de agosto).

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados