Xunta de Galicia

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incrementou a súa actividade cirúrxica nun 12,7 % durante o primeiro semestre de 2024

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incrementou a súa actividade cirúrxica nun 12,7 % durante o primeiro semestre de 2024

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Os servizos de Otorrinolaringoloxía, cun incremento do 16,6 %; de traumatoloxía, cun 20,4 %; e de Uroloxía, cun 20 %, foron as unidades que rexistraron unha maior repunta no seu volume de intervencións

Silva Tojo agradeceu o traballo dos profesionais desta área sanitaria, que co seu labor conseguiron reducir o tempo medio de espera para a intervención de patoloxías prioritarias ata os 18,9 días

A dotación de tecnoloxía robotizada na área sanitaria permitiu xa a realización de preto de 500 cirurxías co robot Da Vinci

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva Tojo, destacou esta mañá na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia que os centros hospitalarios da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incrementaron a súa actividade cirúrxica nun 12,7 % durante o primeiro semestre do ano 2024.Segundo apuntou, os servizos de Otorrinolaringoloxía, cun aumento do 16,6%; de traumatoloxía, cun 20,4 % máis; e de Uroloxía, cun incremento do 20 %, foron as unidades que rexistraron unha maior repunta no seu volume de intervencións.Durante a súa intervención, Silva Tojo remarcou que a intención do Servizo Galego de Saúde é “facer máis, para chegar a máis pacientes no mesmo período, pero sobre todo, facelo mellor”. Subliñou que, para optimizar os resultados en saúde, é preciso incidir nas prioridades clínicas por patoloxía e de acordo á situación de cada paciente.Neste sentido, salientou que os servizos cirúrxicos da área de Pontevedra e O Salnés acadaron un balance moi positivo no que atinxe á atención das patoloxías prioritaria P1, xa que respecto do primeiro semestre do ano 2023, a súa demora media reduciuse en máis de 2 días, pasando dos 21,2 días de media a 18,9 días.Así mesmo, puxo en valor o importante investimento que o Executivo galego realizou para dotar aos sete centros hospitalarios de cabeceira de Galicia coa máis avanzada tecnoloxía do eido da cirurxía robotizada e que, no caso da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés, permitiu realizar xa preto de 500 cirurxías co seu robot Da Vinci.Silva Tojo agradeceu o labor desempeñado polo conxunto de profesionais sanitarios e non sanitarios que interviñeron no Plan de Intensificación do Servizo Galego de Saúde, pois co seu esforzo Galicia segue a manterse como unha das comunidade autónomas, en terceira posición, con mellores datos de agarda no ámbito das listas de espera cirúrxica e tamén no acceso a primeiras consultas.Xa no eido das consultas externas, destacou o importante incremento que se rexistrou nestes primeiro seis meses do ano na atención pediátrica, acadándose unha suba no seu volume de actividade do 7 %, ao pasar das 8.905 consultas do primeiro semestre de 2023, até as 9.535 dos primeiro seis meses de 2024.O director xeral de Asistencia Sanitaria destacou que o obxectivo é seguir a mellorar estes resultados. Para iso, dixo, potenciarase a actividade de mañá e de tarde e reaxustaranse as axendas segundo a demanda asistencial de cada momento. Tamén se optimizará a coordinación entre os servizos de atención primaria e hospitalaria.“Máis recursos, máis investimento e máis tecnoloxía para os nosos profesionais e pacientes”, remarcou Silva Tojo, sinalando que esta será a liña de traballo a seguir por parte do Servizo Galego de Saúde na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados