Xunta de Galicia
Arias destaca que o selo artesanía alimentaria da Xunta ampara xa a case 40 empresas e produtores da provincia lucense
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O delegado territorial de Lugo visitou en Ribas de Sil unha das firmas que contan co distintivo, Aceites Figueiredo, que elabora aceite de oliva procedente ao 100% de variedades autóctonas
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, destacou a importancia do distintivo Artesanía Alimentaria, o selo creado por dita Axencia para protexer a calidade dos produtos galegos e preservar as elaboracións tradicionais. Na provincia de Lugo xa son case 40 as empresas e produtores amparados por esta marca.Arias acudiu a Ribas de Sil para coñecer o funcionamento dunha das firmas adheridas, Aceites Figueiredo, que elabora aceite de oliva virxe extra 100% galego, procedente das súas propias oliveiras das variedades autóctonas brava e mansa. O delegado apuntou que a Xunta apoia “o bo facer dos produtores locais” impulsando selos de calidade como o de Artesanía Alimentaria, que actualmente conta con 14 normas técnicas vixentes, que inclúen produtos como os derivados lácteos, o mel ou as conservas vexetais, entre outros. Ao longo deste ano aprobaranse outras 12 novas normas técnicas, pasando das actuais 14 a 26. Dentro deste novo lote inclúense elaboracións como os zumes, o vermú ou a hidromel. Tamén se engadirán as empanadas, fariñas e vinagres, ampliando aínda máis o actual catálogo de produtos artesanais recoñecidos.A Consellería do Medio Rural tamén organizará xornadas técnicas e campañas de promoción coa finalidade de difundir este distintivo e animar aos produtores a que sigan sumándose a el.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando