Xunta de Galicia
Asignadas un total de 7.037 prazas de profesores na adxudicación de destinos para o vindeiro curso, 90 máis que o pasado ano
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Esta é unha das vías, pero non a única, de dotación de profesorado nos centros, cuxo número total se pechará en setembro cando a Consellería complete o proceso de organización de aulas e recursos para asegurar a máxima atención educativa
Entre eles están os 1.234 profesores en prácticas que veñen de superar as oposicións deste verán, onde se cubriu case o 88% das prazas ofertadas na quenda libre
Educación continúa coa ruta marcada no Acordo de mellora do sistema educativo galego, que blinda a educación da próxima década malia a baixada da natalidade
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de resolver a adxudicación definitiva de 7.037 prazas docentes para o próximo curso 2024–25 a través do Concurso de adxudicación destinos provisionais (CDAP), polo que estes profesores se incorporarán ás aulas o próximo mes de setembro. Isto supón 90 prazas máis que as asignadas por este procedemento o ano pasado. Cómpre subliñar que esta adxudicación é unha das vías, pero non a única, de dotación do profesorado nos centros educativos para a volta do verán, xa que nela non está incluído todo o profesorado co que van contar os centros o vindeiro curso, senón unicamente as prazas afectadas por este concurso.Precisamente, dado que se trata dun proceso dinámico que non pecha ata setembro, nestes momentos a Consellería está traballando na valoración das necesidades centro a centro e aula a aula e a dotación do profesorado necesario, dando así cumprimento ao recollido no Acordo de mellora do sistema educativo galego que blinda o ensino da próxima década malia a baixada da natalidade, con medidas específicas coma a mellora das rateos, da atención ao alumnado con necesidades como unha acción pioneira e única a nivel estatal e o reforzo da carreira profesional docente, entre outros.Unhas medidas que, tal e como se acordou coas organizacións sindicais, se van aplicar de xeito progresivo e proporcionado comezando por 4º curso de Educación Infantil a partir de setembro e, a partir de aí, iranse implementando ano a ano e curso a curso. Dentro das prazas asignadas no Concurso de destinos provisionais publicada hoxe atópanse os 1.234 profesores en prácticas que veñen de superar as oposicións celebradas este verán, na que se ofertaron un total de 1.406 prazas na quenda libre. Isto supón que resultaron cubertas case o 88% das prazas convocadas.Ademais destes docentes que veñen de superar as oposicións e que ingresan no sistema educativo como profesores en prácticas, tamén foron adxudicadas en comisión de servizos as prazas cuxos titulares teñen concedida unha comisión de servizos por saúde ou por conciliación ou as de persoal interino e substituto que neste momento están vacantes, entre outras.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando