Xunta de Galicia

As axudas ao talento audiovisual galego impulsan 11 proxectos de curtametraxes e de longametraxes noveis con 176.000 euros

As axudas ao talento audiovisual galego impulsan 11 proxectos de curtametraxes e de longametraxes noveis con 176.000 euros

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Esta dotación súmase aos 270.000 euros xa adxudicados no pasado mes de abril á escrita de guións

A dotación individual que recibe cada curtametraxe increméntase e pasa de 6000 a 8000 euros por proxecto

A Xunta de Galicia distribuirá este ano 176.000 euros entre 11 proxectos de longametraxes de dirección novel e de produción de curtas a través das subvencións destinadas á promoción do talento audiovisual galego. Esta dotación súmase aos 270.000 euros que xa foran adxudicados o pasado mes de abril para a escrita de guións e da que resultaran beneficiarias 13 propostas. A convocatoria deste ano incrementa, ademais, a dotación que reciben as curtametraxes seleccionadas, que pasa dos 6000 aos 8000 euros.A través da Axencia Galega das Industrias Culturais, destínanse 120.000 euros á modalidade de longametraxes de dirección novel para tres filmes: Proto, de Acarino Films, SL; Sós, de Omen; e Xuño en xullo. Retablo dos traballos e os días, de Francisco Javier Codesal Pérez. Con esta liña de axudas, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude apoia tamén os novos proxectos de cineastas que están desenvolvendo curtametraxes, unha categoría na que resultaron escollidas seis propostas e ás que se lles adxudica un total de 48.000 euros, aumentando en 12.000 euros a dotación con respecto á convocatoria anterior. Os títulos que reciben axuda están asinados por Claudia Brenlla López, que presenta Antes de antes; Paula Pereira González con Algo novo que contar; Raquel Álvarez Méndez autora de A misteriosa desaparición de Ángel e Raquel; Pablo Aguilar Martín como responsable de Niño monaguillo e os seus pecados; Santiago Pereira Lorenzo con Traslatio; e Iria Silvosa Pereira con A Pena.Por último, na categoría de curtametraxes en construción, as obras seleccionadas pola comisión avaliadora son as presentadas por Danga Danga Audiovisuais, con Mounir; e Cristela Torres Nine, con Canción 37.A resolución completa de adxudicación pode consultarse na web na Axencia Galega das Industrias Culturais.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados