Xunta de Galicia

Belén do Campo comprométese a fortalecer a colaboración internacional ao redor da Ruta Xacobea

Belén do Campo comprométese a fortalecer a colaboración internacional ao redor da Ruta Xacobea

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A delegada da Xunta participou na apertura da IV Xornadas de Cooperación Policial Internacional Xacobea que tiveron lugar no concello de Padrón

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, comprometeu o apoio do Goberno Galego para seguir reforzando a colaboración internacional ao redor da ruta xacobea para fortalecer os lazos que nos unen na protección e seguridade de todos aqueles que emprenden o Camiño de Santiago , “porque a ruta xacobea é un dos grandes proxectos históricos de Europa e un dos poucos proxectos comúns europeos que segue vivo tras 1.200 anos”, puntualizou a representante do Goberno autonómico.Belén do Campo participou, esta mañá, na apertura da IV Xornadas de Cooperación Policial Internacional Xacobea que tiveron lugar no concello de Padrón. Na súa intervención puxo en valor as actuacións e os recursos da Policía Autonómica potenciando a seguridade e a protección, nos desprazamentos dos peregrinos, nos actos institucionais, culturais, sociais, deportivos ou de calquera outro tipo relacionados cos camiños, etc.Así, no ano 2023 leváronse a cabo máis de 2.300 inspeccións sendo o Camiño Portugués e o Francés nos que más actuacións deste tipo se realizaron e nun ámbito global realizáronse 7.548 actuacións entre as que destacan a realización de inspeccións (máis de 2.300) e patrullas (2.388).A representante do Goberno autonómico mostrou a súa satisfacción polos datos do primeiro semestre de 2024 xa recolleron a Compostela na Oficina de Atención ao Peregrino preto de 230.000 peregrinos, o que supón un incremento do 15%. A estatística mostra, ademais, o seu gran impacto a nivel mundial e a súa capacidade de atraer, no que vai de ano, a camiñantes de 172 países, o que supón que máis de 60% dos peregrinos son estranxeiros.Belén do Campo recalcou que unha parte dese éxito está na tarefa que se realiza nos preto de 80 albergues públicos, dos cales 25 están na provincia da Coruña. Estes puntos de encontro para o peregrino son unha parte fundamental da experiencia do Camiño, brindando no só aloxamento senón tamén apoio e asistencia en caso de problemas.A delegada rematou a súa intervención agradecendo a participación dos representantes das forzas e corpos de seguridade internacionais, “cuxa presenza subliña a importancia dunha colaboración transfronteiriza robusta”, puntualizou.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados