Xunta de Galicia

Belén do Campo destaca o aumento de prazas no programa "Benestar en Balnearios" da Xunta incluíndo nas quendas os meses de verán

Belén do Campo destaca o aumento de prazas no programa “Benestar en Balnearios” da Xunta incluíndo nas quendas os meses de verán

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Ofértanse máis de 1.230 prazas en 15 establecementos de toda a Comunidade para persoas maiores de 60 anos, ou maiores de 55 en condición de pensionista e poderán levar acompañante

Como novidade, este ano ofertaranse tamén estadías durante o verán, de maneira que os maiores poderán contar con oferta de xullo a decembro

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou o balneario de Carballo para informar dunha nova convocatoria do programa Benestar en Balnearios, que ofrece estadías en 15 establecementos da nosa comunidade para maiores de 60 anos, ou maiores de 55 en condición de pensionista e poderán levar acompañante. As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o 17 de xullo. Na provincia da Coruña están inscritos neste programa o hotel balneario do Tremo en Brión e o Baños Vellos de Carballo., Na provincia de Lugo 4 hai balnearios adheridos, en Ourense outros 4 e na provincia de Pontevedra 5 establecementos termais para elixir. A Xunta de Galicia financia ata o 45% do custe total.Na edición deste ano auméntanse as prazas dispoñibles ata superar as 1.230 e tamén se aumentan as quendas aos meses de verán, de maneira que aquelas persoas que así o desexen poidan desfrutar deste programa desde o mes de xullo a decembro. O programa oferta estadías de 10 días en réxime de pensión completa. A Xunta destina a esta convocatoria un 9% máis que na pasada edición, isto é, un orzamento de 300.000 euros.As solicitudes deberán presentarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. De maneira opcional, poderanse presentar por rexistro.Belén do Campo apuntou que esta iniciativa serve para impulsar a calidade de vida das persoas maiores, tamén contribúe a seguir apostando polo sector dos balnearios que é punteiro na comunidade. “Galicia senta ben en moitos sentidos e un dos principais é o das súas augas termais que son un tesouro, xa que aquí concentramos unha parte importante dos recursos que hai en toda España”, asegurou a delegada.A delegada da Xunta animou a todos aqueles que aínda non probaron o termalismo ou queren repetir a experiencia a facelo porque “uns días nun balneario de Galicia é algo que merece a pena experimentar”, asegurou.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados