Xunta de Galicia

Belén do Campo reúnese co alcalde de Boiro para abordar vías de colaboración

Belén do Campo reúnese co alcalde de Boiro para abordar vías de colaboración

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

No encontro a delegada informoulle da orde de 2,4 M? de axudas aos concellos de menos de 50.000 habitantes para financiar a rehabilitación e rexeneración urbanas o que lle permitirá seguir avanzando na rehabilitación do Pazo de Goiáns

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo, esta mañá, un encontro co alcalde de Boiro, José Ramón Romero. Na reunión repasaron os proxectos e axudas da Xunta neste municipio e abordaron temas relacionados coas infraestruturas, sanidade, saneamento, educación e cultura.Os dous representantes públicos coincidiron na necesidade de seguir reforzando os vínculos locais para contribuír ao desenvolvemento sustentable dos municipios galegos. Do mesmo xeito, Belén do Campo e José Ramón Romero analizaron as necesidades do concello.Na reunión a delegada informoulle da orde da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de 2,4 M? para axudas aos concellos de menos de 50.000 habitantes para financiar, a través de préstamos sen xuros, actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas, así como a adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.Concretamente, trátase da convocatoria para este ano 2024 dunha nova orde de axudas do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído destes municipios.O obxectivo deste Fondo de cooperación é facilitar que os concellos acometan actuacións de recuperación e posta en valor do patrimonio construído, co obxecto de recuperar ámbitos en estado deficiente de conservación, como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio en aras de mellorar a calidade de vida dos cidadáns, facilitando que podan dispoñer dunha vivenda digna e axeitada.Neste senso, coincidiron na proposta de que o Concello de Boiro se presente a esta convocatoria, que ten o prazo aberto ata o 31 de outubro, para continuar coas obras de rehabilitación do Pazo de Goiáns.No encontro a delegada explicoulle ao alcalde os pasos previstos para a nova licitación para o transporte público na comarca do Barbanza, que require da resolución previa do contrato coa concesionaria. A previsión é que se faga de mutuo acordo e prevendo a continuidade da actual empresa na explotación ata a implantación do novo contrato. Deberá tamén elaborarse un novo anteproxecto de explotación, que será sometido a información pública e audiencia aos concellos para ser logo autorizado polo Consello da Xunta. O alcalde trasladoulle a súa satisfacción por esta medida, da que tivo coñecemento nun encontro o pasado 4 de xullo co Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o pasado 4 de xullo.A actuación busca garantir a prestación do servizo segundo as demandas e necesidades das persoas usuarias, detectadas a través do labor de seguimento que está a realizar a Xunta. Con ela dáselle ademais cumprimento ao acordo parlamentario adoptado por unanimidade na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos o pasado novembro, no que se instaba ao Goberno galego a utilizar todas as ferramentas incluídas no prego de cláusulas administrativas para a mellora na prestación do seu servizo público na comarca do Barbanza.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados