Xunta de Galicia
O ciclo de concertos 'Mar aberto' recala esta semana no Faro Punta da Barca incrementando a oferta turística da Costa da Morte
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O festival organizado por Turismo de Galicia chega o venres 2 e sábado 3 a Muxía cun cartel protagonizado por Mercedes Peón, Budiño, Mondra e Zeltia Irevire
As persoas interesadas en asistir aínda poden reservar a súa entrada de balde na web www.festivalmaraberto.com
Tras celebrarse a pasada fin de semana no Faro de Corrubedo, rematará o 9 e 10 de agosto no Castelo de San Felipe en Ferrol
O festival Mar aberto, concertos na fin da terra, organizado por Turismo de Galicia, continúa a desenvolverse esta fin de semana e terá como escenario o Faro Punta da Barca de Muxía. O ciclo de concertos, que comezou a pasada fin de semana no Faro de Corrubedo, en Ribeira, pretende incrementar as propostas turísticas de lugares patrimoniais de Galicia. A cita en Muxía será o venres 2 de agosto coas actuacións de Señora dj, Mercedes Peón e Mondra e continuará o sábado 3 con Rapariga dj, Budiño e Zeltia Irevire.A apertura de portas será o venres ás 19,30 horas e ás 20,15 horas comezará o espectáculo musical da man de Señora dj, comezando así a experiencia á beira do Santuario da Virxe da Barca de Muxía. Ás 20,45 horas continuará coa actuación do artista galego Mondra, que cederá a testemuña sobre as 21,45 horas, á recoñecida artista galega Mercedes Peón que encherá o escenario de enerxía e boa vibración. Rematado o concerto, unha última sesión de Señora dj porá o punto final ás 00,00 horas. O sábado 3 de agosto será a quenda de Rapariga dj, Budiño e Zeltia Irevire.Mar aberto, concertos na fin da terra é unha proposta única e diferenciada de Turismo de Galicia na que os protagonistas son a música, natureza e espazos singulares. Trátase de concertos con propostas artísticas deseñadas para cada espazo que acompañan a postas de sol sobre o Atlántico, dando lugar así a unha perfecta combinación de patrimonio, paisaxe, cultura, gastronomía e música. Esta é cuarta edición dun evento musical que rexistrou unha participación o pasado ano de máis de 2.000 persoas.O ciclo de concertos comezou a pasada semana inaugurándose no Faro de Corrubedo en Ribeira e continuará a fin de semana do 9 e 10 de agosto no Castelo de San Felipe, en Ferrol coas actuacións de María José LLergo, _juno, Pamela Rodríguez e Lua de Santana. O público poderá gozar de todo este programa totalmente de balde e as reservas están indo a moi bo ritmo, pese a que xa non quedan para os concertos de Ferrol. No caso de Muxía, hai algunhas aínda dispoñibles que se poden reservar na web
.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando