Xunta de Galicia

A conselleira María Martínez Allegue visita a 42º Edición da Escola de Verán, en Ponteceso, centrada na educación viaria

A conselleira María Martínez Allegue visita a 42º Edición da Escola de Verán, en Ponteceso, centrada na educación viaria

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Allegue destacou que a iniciativa contribúe a formar ás persoas mozas en hábitos saudables, de respecto e de posta en valor das contornas

A conselleira subliñou o compromiso da Xunta á hora de “inculcar entre os nosos rapaces unha verdadeira cultura da seguridade viaria”

A Xunta, na súa aposta pola mobilidade segura e sostible, está a executar unha senda na estrada AC–424 ao paso polo Couto, cun investimento de 357.000?

O Goberno galego tamén avanza na redacción do proxecto para habilitar dous novos treitos de senda nesta mesma vía no municipio de Ponteceso

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou hoxe Ponteceso con motivo da 42ª Edición da Escola de Verán, que ten lugar durante todo agosto nesta Aldea do Couto.Allegue enmarcou a iniciativa, na que este ano participarán máis de 350 nenos de entre 3 e 16 anos, no propósito de “artellar apoios á conciliación das familias”, obxectivo común entre a Xunta e o conxunto das administracións.O obxectivo desta Escola de Verán é achegar, nun contexto lúdico, formación ás persoas mozas en hábitos saudables, de respecto, de posta en valor das contornas e, no eido que compete á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; en materia de educación viaria.Por outra banda, segundo destacou a conselleira, estas actividades “devolven o latexo a esta aldea que no verán se revitaliza coa presenza de cativos”, que “se integran nesta contorna con respecto e impacto positivo”. Tamén aproveitou a oportunidade para felicitar á Fundación Eduardo Pondal, coa que a Xunta cofinancia a iniciativa, polo éxito desta convocatoria; na que ambas institucións tratan de “inculcar entre os nosos nenos unha verdadeira cultura da seguridade viaria”.A Escola de Verán dispón, grazas a esta colaboración, de materiais audiovisuais, conferencias orientadas a rapaces e as súas familias, guías e as seguintes accións: unha ruta ciclo–turística pola contorna, contacontos, obradoiros de arte, reciclaxe, psicomotricidade e deportivos; un circuíto de triciclos, patíns e bicicletas; roteiros e actuacións teatrais.A conselleira subliñou a importancia de fomentar entre os máis novos os hábitos e condutas seguras e “crear actitudes de responsabilidade e respecto cara elas”. Ademais, fixo fincapé en que “a formación desde idades temperás é fundamental”.Cómpre lembrar que estas actividades coinciden coa execución por parte da Xunta das obras dunha senda na estrada AC–424 no Couto, onde ten lugar o campamento. Os traballos deste itinerario que dá continuidade ao existente xa se atopan nun grado de execución avanzado.O obxectivo desta intervención, que supón un investimento de 357.000 euros, é construír algo máis de 600 metros de itinerario, a ambos lados da estrada de Ponteceso a Corme. Dotarase á zona dun itinerario peonil seguro e continuo ata O Couto, que discorra en paralelo ao eixo da estrada e cunha anchura de arredor de 1,50 metros, salvo zonas puntuais na parte urbana.Ademais a Xunta está a traballar na redacción do proxecto para habilitar dous novos treitos de senda nesta estrada AC–424. Trátase de construír dous treitos de senda peonil, que continuarán o itinerario en execución no Couto. O primeiro tramo proxectado conectará esta senda co final do paseo de Ponteceso; e o segundo irá desde Corme Aldea ata Corme.A Xunta ten a vista posta en reforzar a seguridade dos peóns, polo que ao finalizar os traballos a velocidade de circulación nesa travesía limitarase aos 40 km/hora, reforzando ademais a sinalización no treito.Dende as administracións públicas tamén se dá un paso máis a favor da mobilidade sustentable, coa senda da AC–424, exemplo do compromiso da Xunta coa seguridade de peóns, ciclistas e demais usuarios vulnerables das nosas estradas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados