Xunta de Galicia

A consellería de Medio Rural promove a elaboración da Estratexia da planta ornamental e da flor de Galicia a través de mesas de traballo con axentes do sector

A consellería de Medio Rural promove a elaboración da Estratexia da planta ornamental e da flor de Galicia a través de mesas de traballo con axentes do sector

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, presentou os datos do sector no que Galicia destaca por ser a quinta comunidade produtora de flores e plantas ornamentais, achegando o 9% do valor total nacional

Ademais, puxo de relevo a aposta pola formación e investigación na procura de cultivos mellor adaptados á terra, así como a reorientación da dinámica dos viveiros galegos para que o ciclo produtivo inicie e remate en Galicia

María José Gómez destacou que este sector é un dos cultivos que máis renda xera por unidade de superficie e que a Estratexia da planta ornamental establece unha folla de ruta para a expansión e crecemento do mesmo

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou hoxe na inauguración das mesas de traballo para o desenvolvemento da Estratexia da planta ornamental e da flor en Galicia para o período 2024–2034 no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude. Neste acto destacou o marcado carácter participativo da estratexia, así como a importancia da mesma para que o ciclo produtivo a curto–medio prazo inicie e remate na comunidade co consecuente impacto económico, tendo en conta que este sector é un dos cultivos que máis renda xera por unidade de superficie.O fin das mesas de traballo, conformadas por diversos colectivos, é coñecer as inquedanzas do sector e as achegas dos distintos axentes para elaborar un diagnóstico máis concreto sobre este eido en Galicia, establecer obxectivos estratéxicos e fixar os eixos e accións que guiarán ao sector nos próximos anos. Finalmente estblecéronse tres mesas e cada unha delas encargouse de abordar un tema: produción, mercado nacional e mercado internacional.Ademais, María José Gómez, salientou a aposta pola formación e investigación na procura de cultivos mellor adaptados ás condicións da nosa terra e o perfeccionamento das técnicas de produción nesta área de potencial dinamismo e progresiva consolidación que conta, a maiores, cun elevado nivel de emprego feminino. Neste sentido, a conselleira mencionou na súa intervención o Banco de Terras como “instrumento decisivo para ampliar a superficie necesaria que permita facer crecer e afianzar a expansión dos cultivos de planta ornamental e flor cortada” que contan actualmente cunha media de sete hectáreas por viveiro e cunhas 700 hectáreas totais entre o cultivo en terra, en colector, en invernadoiro e zonas de sombreo.Esta estratexia supón a quinta planificación sectorial levada a cabo pola Consellería, xunto coas dos sectores lácteo, cárnico, vitivinícola e da horta e é de especial relevancia debido a que se trata dun sector que representa o 8,41% da produción agraria final en Galicia e, no panorama nacional, a nosa comunidade ocupa o quinto posto como produtora de flores e plantas ornamentais, achegando o 9% do valor total a España.Nesta liña, Gómez engadiu que a Xunta impulsará este sector para “consolidar Galicia como unha rexión de referencia na produción e importación de planta ornamental tamén a nivel internacional”.O valor da produción de flor cortada e planta ornamental no conxunto da UE–27 en 2021 foi de 9.015 millóns de euros. España, con 913 millóns, representa un 10% do valor total. Ademais, é salientable que dende o ano 2015, o valor da produción aumentou un 26% mentres que no conxunto da UE só o fixo un 4% no mesmo período.Por outra parte, a nosa comunidade é a quinta rexión produtora de flores e plantas ornamentais, achegando o 9% do valor total do país (82 de 913 M?), por detrás da C. Valenciana, Andalucía, Cataluña e Murcia. A produción de flor e planta ornamental ocupou 674 ha superficie, destas o 72% (488 ha) corresponden a planta ornamental e o 28% (186 ha) a flor, e a distribución concéntrase nas provincias da Coruña e Pontevedra. No referente ás exportacións, Galicia tamén se mantén en alza, pois do ano 2022 ao 2023, as exportacións aumentaron nun 8,30%, mentres que en España só se incrementaron nun 1,67%.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados