Xunta de Galicia

A consellería de Sanidade solicita a colaboración da alcaldesa de Moaña no impulso do Centro Integral de Saúde do Morrazo para optimizar a asistencia na comarca

A consellería de Sanidade solicita a colaboración da alcaldesa de Moaña no impulso do Centro Integral de Saúde do Morrazo para optimizar a asistencia na comarca

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O conselleiro de Sanidade lembra que é preciso que o Concello de Cangas desbloquee a situación e ceda os terreos para poder iniciar os trámites para a execución dun novo centro sanitario de vangarda de referencia no Morrazo

Traslada que o Servizo Galego de Saúde garante unha asistencia sanitaria de calidade ao conxunto dos veciños mediante a organización máis eficiente dos recursos nun contexto xeneralizado de falta de médicos

A construción do CIS permitirá centralizar a asistencia de urxencias nunha zona próxima ao límite entre os dous municipios

A Xunta está a realizar un investimento de case 9 M? na mellora da sanidade pública do Morrazo mediante a construción dun novo centro de saúde e a reforma do de Domaio

A Consellería de Sanidade solicitou hoxe a colaboración da alcaldesa de Moaña no impulso do Centro Integral de Saúde do Morrazo, que permitirá optimizar a asistencia sanitaria na comarca.O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada Jorgal, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente Prieto, mantivo hoxe unha xuntanza coa Mesa Local da Saúde de Moaña, encabezada pola alcaldesa da localidade, Leticia Santos.No encontro, a Consellería de Sanidade trasladou que, nun contexto xeneralizado de falta de médicos, o Servizo Galego de Saúde organiza os recursos humanos dispoñibles da forma máis eficiente para garantir a asistencia sanitaria do conxunto da poboación.A ese respecto, lembrouse que a Xunta ten o compromiso de construír un Centro Integral de Saúde do Morrazo, que permitirá dotar a comarca dun equipamento sanitario de referencia que se sitúe á vangarda asistencial.A súa execución permitirá centralizar nunha zona próxima ao límite entre os municipios de Cangas e Moaña o servizo de urxencias coa dotación completa de persoal.Lembrouse que ese proxecto está bloqueado desde hai tempo porque o Concello de Cangas non cede os terreos dispoñibles para poder materializalo. Por ese motivo, solicitouse a intermediación da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, no obxectivo de consecución dos terreos para iniciar o antes posible a tramitación para a execución dese Centro Integral de Saúde.Desde 2018, o Servizo Galego de Saúde ten cualificada como prioritaria esta edificación no seu informe Estudo de Necesidades Sanitarias para Cangas e Moaña, así, ten previsto un investimento de 6,8 millóns de euros para esta obra. A nova infraestrutura, ademais de ampliar significativamente a súa superficie, posibilitará ampliar a carteira de servizos ao incluírse no seu plan funcional unha nova área de radioloxía dixital, laboratorios, área de telemedicina, servizo de odontoloxía e saúde bucodental, área de atención a muller, servizo de farmacia, saúde mental, asistencia domiciliaria, así como espazos específicos destinados á formación, a docencia e as Asociacións de pacientes.A Xunta está a realizar un investimento de case 9 M? na mellora da sanidade pública do Morrazo mediante a construción dun novo centro de saúde e a reforma do de Domaio.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados