Xunta de Galicia

O Corazón da Artesanía chega esta fin de semana aos pendellos de Agolada unindo oficios, gastronomía e música

O Corazón da Artesanía chega esta fin de semana aos pendellos de Agolada unindo oficios, gastronomía e música

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A Xunta organiza o XI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia entre mañá venres e o sábado, no que participarán 51 artesáns de diferentes oficios e 32 expositores de produtos gourmet

No programa de actividades inclúense os concertos de Xabier Díaz e De Vacas, cursos de formación especializada, showcookings de prestixiosos chefs do Grupo Nove ou obradoiros abertos para todos os públicos

A Xunta foi recoñecida co Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría Promociona para Entidades Públicas por esta iniciativa, como un espazo de posta en valor dos oficios tradicionais e de impulso ás sinerxías con outras disciplinas

Mañá venres comeza nos Pendellos de Agolada (Pontevedra) unha nova edición do Corazón da Artesanía. XI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, un evento multidisciplinar de posta en valor e enxalzamento dos nosos oficios artesanais, con especial atención aos máis tradicionais, así como da marca Artesanía de Galicia. O Corazón da Artesanía, organizado pola Xunta de Galicia desde o ano 2012, acadou o Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría Promociona para Entidades Públicas.O Encontro arrinca mañá cun amplo programa de actividades no que se inclúen demostracións en vivo de artesáns, exposición e venda de produtos gourmet, cursos de formación especializados, obradoiros para todos os públicos, actividades de música e baile e showcookings. O horario do evento será de 11,00 a 14,30 e de 16,00 a 21,30h.O Corazón da Artesanía converterá un ano máis Agolada nun encontro único no que está prevista a participación de 51 profesionais da Artesanía de Galicia, 34 como expositores e outros 14 artesáns que participarán como docentes nos cursos de formación especializada e talleres abertos. En canto aos expositores de produtos gourmet, contaremos este ano coa oferta de 32 empresas, 19 das cales contan co selo de Artesanía Alimentaria.O Corazón da Artesanía iníciase mañá venres 5 de xullo ás 11,00h coa inauguración oficial, a apertura dos expositores e o comezo das actividades de formación especializada e dos obradoiros a todos os públicos.A iniciativa Artesanía no Prato, que busca xuntar gastronomía e artesanía, comeza mañá con dous showcookings a cargo de Héctor López, do Restaurante España (Dous soles Repsol), Lugo, que realizará dous pases en horario de 13,30 e de 15,00h. A partir das 18,30h terá lugar o obradoiro de decoración de mesas “A mesa perfecta”. Tanto nos showcookings como neste obradoiro empregaranse pezas de Artesanía de Galicia para complementar a oferta gastronómica.A programación do venres pecharase co concerto do grupo Comando Curuxás, un quinteto que bebe da música tradicional e popular bailabre de Galicia e do resto de Europa, que terá lugar a partir das 22,30h na Praza do Concello.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados