Xunta de Galicia
O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras de mellora da rúa autonómica Progreso, que atravesa o centro de Ourense
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
As intervencións supoñen un investimento autonómico de 47.500 ? e os traballos estanse a executar cos medios da conservación de Estradas da Xunta de Galicia
O inicio da actuación principia á altura da intersección da rúa Parada Justel coa rúa Progreso, ao longo dunha lonxitude duns 160 m e unha anchura media de calzada de 12 metros
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, supervisou esta mañá as obras de reposición da capa de rodaxe da rúa Progreso, no concello de Ourense, nas que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas inviste 47.500 euros.O delegado territorial sinalou que os traballos estanse a executar cos medios da conservación de Estradas da Xunta de Galicia e terán unha duración dunha semana. A continuación procederase a instalar unha nova sinalización horizontal.Explicou Manuel Pardo que a rúa Progreso pertence á rede viaria autonómica e está integrada na trama urbana da cidade. Ten unha anchura de calzada variable, e nun treito intermedio duns 160 m de lonxitude, entre as rúas Parada Justel e a rúa Bajos Alameda, presenta unha capa de rodaxe deteriorada no que hai pasos peonís e conflúen moitas dotacións municipais polo que o tránsito é elevado.O inicio da actuación principia á altura da intersección da rúa Parada Justel coa rúa Progreso, ao longo dunha lonxitude duns 160 m e unha anchura media de calzada de 12 metros.O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando o vindeiro ano 53 M? á súa conservación.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando