Xunta de Galicia

A exposición 'Tesouros Reais' despídese de Galicia tras achegar ao Gaiás 40.000 persoas e deixar cifras récord nas visitas comentadas

A exposición ‘Tesouros Reais’ despídese de Galicia tras achegar ao Gaiás 40.000 persoas e deixar cifras récord nas visitas comentadas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

As obras mestras do Terra Sancta Museum, que en España só se puideron visitar en Santiago de Compostela, continúan en Florencia o seu exclusivo periplo por catro cidades do mundo

A elevada demanda levou a programar 351 visitas comentadas, nas que se inscribiron preto de dez mil persoas, cifras que representan unha oferta e participación sen precedentes nos doce anos de historia do Museo Gaiás

A exhibición en Galicia de Tesouros reais atraeu visitantes de 63 países diferentes e a atención de institucións e medios internacionais como a Frick Collection de Nova Yorque ou o National Geographic

A Cidade da Cultura de Galicia despide

con preto de 40.000 visitas, o que representa unha media diaria de 338 persoas ao longo dos 118 días que estivo aberta ao público. Este balance sitúa a exposición entre as máis visitadas das mostras organizadas ata agora polo Museo Centro Gaiás xunto a propostas como

ou

.Esta exposición internacional, que en España só puido visitarse en Santiago de Compostela, continuará en Florencia o exclusivo circuíto internacional que limita a súa exhibición a só catro cidades do mundo (Lisboa, Santiago de Compostela, Florencia e un destino en Estados Unidos aínda por revelar).A elevada demanda de público interesado levou a programar 351 visitas comentadas, número que representa unha oferta sen precedentes nos doce anos de historia do Museo Gaiás. Desde a inauguración de

o 21 de marzo, preto de 10.000 persoas participaron nalgunha destas visitas organizadas polo Servizo de Mediación da Cidade da Cultura, que se ofertan de balde.Inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o nuncio do Vaticano en España, Bernardito Auza, e o custodio de Terra Santa, Francesco Patton,

foi visitada por persoas de 63 países diferentes e atraeu ao longo da súa estancia en Santiago de Compostela a institucións culturais internacionais, como a Frick Collection de Nova York, ou de medios especializados globais, como National Geographic, que organizou na capital galega unha das súas Experiencias Únicas.Ademais de ter a posibilidade de gozar de obras nunca antes exhibidas en España, a exposición permitiu profundar nos lazos entre dúas das principais cidades destino de peregrinacións para o Cristianismo: Xerusalén e Santiago de Compostela. De feito, a mostra incluíu pezas do patrimonio galego que subliñaban estas conexións históricas.Con motivo da mostra, equipos técnicos da Cidade da Cultura levaron a cabo tarefas de restauración en obras de Galicia que agora poden ser contempladas en mellor estado; entre elas, catro maquetas de madeira e nácara, varias cruces e un relicario dos mesmos materiais, así como unha pintura do século XVIII titulada San Francisco ante o altar de Santiago.A exposición permitiu tamén outorgar unha maior visibilidade a obras galegas de extraordinaria relevancia histórica, pero non demasiado coñecidas polo público, como unha das maquetas máis detalladas do mundo da Basílica do Santo Sepulcro, pertencente ao fondos do Museo de Terra Santa de Compostela, actualmente pechado ao público.Tesouros reais foi organizada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, en colaboración coa Custodia Franciscana de Terra Santa e o Museo Calouste Gulbenkian, institución portuguesa responsable da exhibición en Lisboa.A mostra contou co historiador francés Jacques Charles–Gaffiot como comisario internacional. En Galicia, formaron parte do comisariado executivo do proxecto a directora do Museo das Peregrinacións e de Santiago e presidenta do Consello Galego de Museos, Esperanza Gigirey, o ministro provincial da orde dos franciscanos en Santiago de Compostela, Juan Manuel Buján, e André das Neves Afonso, conservador do Museo Calouste Gulbenkian.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados