Xunta de Galicia

Fabiola García aborda coa Rede Galega contra a Pobreza os avances da Xunta en materia de inclusión social

Fabiola García aborda coa Rede Galega contra a Pobreza os avances da Xunta en materia de inclusión social

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A conselleira e os responsables de EAPN–Galicia coincidiron na importancia de garantir a estabilidade financeira das entidades

Tamén compartiron a necesidade de traspasar o IMV a Galicia para simplificar o acceso ás rendas de inclusión

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse esta mañá coa directiva da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN–Galicia). No encontro abordaron os avances da Xunta de Galicia na loita contra a pobreza e a desigualdade.A conselleira e os responsables de EAPN–Galicia destacaron a importancia de que as entidades do terceiro sector conten con estabilidade financeira para desenvolver a súa actividade. Este ano, o Goberno galego inviste a cifra récord de 153 millóns de euros en inclusión social.Fabiola García aproveitou para dar conta da súa recente reunión co Goberno central para solicitar o traspaso a Galicia da xestión íntegra do Ingreso Mínimo Vital (IMV), co obxectivo de axilizar a súa tramitación e garantir a compatibilidade coa Renda de inclusión social de Galicia (Risga). Un obxectivo que tamén compartiu a directiva da Rede Galega contra a Pobreza.Deste traspaso depende a nova Lei de inclusión, coa que a Xunta quere impulsar a loita contra a pobreza e seguir promovendo medidas ambiciosas contra a desigualdade da man das entidades sociais. Neste sentido, o Goberno galego e EAPN–Galicia coincidiron, ademais, na vontade de reforzar a coordinación co resto de departamentos do Goberno galego en canto a políticas de emprego e vivenda.A conselleira aproveitou o encontro cos responsables da Rede Galega contra a Pobreza para agradecer o labor das entidades que a conforman. Na reunión participaron a presidenta de EAPN–Galicia, Ana Pardo (Provivenda), o vicepresidente, Javier Hermida (Federación Alzheimer Galicia), a secretaria, Ana Álvarez (Fundación Érguete–Integración), o tesoureiro, Miguel Rodríguez (Fundación Esplai), o vogal Ignacio Rodríguez (COGAMI), e o director de EAPN–Galicia, Xosé Cuns. Por parte da Xunta, ademais da conselleira, estiveron o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, e a secretaria xeral Técnica, María Francisca Gómez Santos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados