Xunta de Galicia
Fabiola García visita en Abegondo un programa de conciliación financiado cun plan de 6,6 M? a concellos
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O Goberno galego ampliou recentemente o crédito desta liña de achegas, ata superar nun 33% o orzamento do ano anterior
No marco deste plan, destínanse outros 550.000 euros a case 60 Anpa e 300.000 euros a unha vintena de entidades sociais que tamén xestionan iniciativas destas características
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do alcalde, José Antonio Santiso, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, visitou aos rapaces que participan nun campamento no CEIP San Marcos de Abegondo. Unha iniciativa que recibe financiamento a través do Plan Corresponsables, no que a Xunta de Galicia inviste este ano 6,6 millóns de euros destinados a concellos para programas de conciliación. Con esta contía, un 33% superior á do ano anterior, o Goberno galego dá cobertura a máis de 12.000 familias.No caso de Abegondo, o concello recibiu case 30.000 euros para atender a cativos dunhas 300 familias de toda a comarca durante as vacacións de verán con actividades de todo tipo: piscina, deportes, informática, obradoiros... Con esta achega, tamén financian programas de conciliación noutros períodos vacacionais ?Nadal, Entroido e Semana Santa?, ademais dun servizo de madrugadores e o programa Aula Lúdica polas tardes.Na visita, a conselleira destacou que unha das prioridades da Xunta é ofrecer ás familias o apoio necesario para que poidan conciliar as súas obrigas laborais coa atención e o coidado aos seus fillos. Unha prioridade que o Goberno galego articula a través doutras moitas medidas, como a gratuidade do 100% das escolas infantís de 0 a 3 anos, a rede de casas niño ?tamén de balde? ou o Bono Concilia Familia, para necesidades puntuais de conciliación.Ademais dos 6,6 millóns de euros que a Xunta destina a concellos para programas de conciliación, o Plan Corresponsables complétase con outras dúas liñas de axudas a entidades sociais e Asociacións de nais e pais de alumnos (Anpa). Na convocatoria deste ano, repartíronse 550.000 euros entre case 60 Anpa e 300.000 euros entre unha vintena de entidades sociais.En palabras de Fabiola García, o Plan Corresponsables é unha mostra máis da aposta da Xunta pola conciliación e a corresponsabilidade, financiando alternativas para que as familias poidan ter aos seus fillos atendidos; pola igualdade, para que os coidados non recaian sempre nas nais; e pola colaboración cos concellos e coas entidades, que é a forma máis eficiente de chegar a todos os puntos de Galicia.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando