Xunta de Galicia

O Festival Mar Aberto volve este ano como proposta turística do verán con seis concertos en faros e lugares patrimoniais

O Festival Mar Aberto volve este ano como proposta turística do verán con seis concertos en faros e lugares patrimoniais

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Os de Corrubedo e Punta da Barca de Muxía xunto co Castelo de San Felipe son os espazos que acollerán esta cita musical organizada por Turismo de Galicia

O director de Turismo presentou xunto á delegada territorial da Xunta en Ferrol esta iniciativa que arranca o 26 de xullo no Faro de Corrubedo

Os interesados en asistir poderán reservar a súa entrada de balde na web www.festivalmaraberto.com

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou hoxe a nova edición do festival

, organizado por Turismo de Galicia e que este ano volve como proposta turística do verán con seis concertos en faros e lugares patrimoniais. Como salientou, o programa inclúe dous concertos no Faro de Corrubedo, outros dous no Faro Punta da Barca de Muxía e finalmente, outros dous no Castelo de San Felipe en Ferrol. As citas serán o 26 e 27 de xullo, en Ribeira, o 2 e 3 de agosto en Muxía e o 9 e 10 de agosto en Ferrol.“Galicia vibra en cada recuncho coa música e espectáculo en todas as súas facetas”, afirmou o director de Turismo de Galicia durante a presentación antes de salientar os festivais como “as citas por excelencia dun verán que se presenta con moitas expectativas para o sector”, expresou. Como indicou, este festival é unha proposta “diferenciada e única” por tratarse de concertos “íntimos e exclusivos en lugares especiais e para todos os públicos”, que vén avalado polo éxito das tres edicións anteriores con cifras como as máis de 2.000 persoas que participaron o ano pasado.Así, a programación do festival comezará o 26 e 27 de xullo no Faro de Corrubedo, onde actuarán Ute Lemper, Céu, Marem Ladson e Brais Moran & Nasaufunk.A seguinte cita será no Faro Punta da Barca de Muxía os días 2 e 3 coa música de Mercedes Peón, Budiño, Mondra e Zeltia Irevire, para rematar no Castelo de San Felipe, en Ferrol o 9 e 10 de agosto coas actuacións de María José LLergo, _juno, Pamela Rodríguez e Lua de Santana.O público poderá gozar de todo este programa totalmente de balde e deberán facer as súas reservas na web

desde o xoves 4 de xullo ás 20,00 horas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados