Xunta de Galicia

Gabriel Alén pon en valor os case 1,3 M? que a Xunta destina a programas de igualdade e conciliación na provincia de Ourense

Gabriel Alén pon en valor os case 1,3 M€ que a Xunta destina a programas de igualdade e conciliación na provincia de Ourense

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, salientou o apoio do Goberno galego con 1.267.901,40 a 68 concellos da provincia de Ourense no desenvolvemento de programas orientados a favorecer a igualdade entre mulleres e homes, fomentar a conciliación e a corresponsabilidade e para financiar o labor dos Centros de Información á Muller (CIM) como recursos de proximidade

Gabriel Alén destacou o compromiso da Xunta para manter o impulso da conciliación da vida persoal, laboral e familiar de galegas e galegos, e traballar desde o eido local na prevención da violencia de xénero e impulsar a igualdade a través dos CIMs

O delegado territorial quixo tamén poñer en valor as axudas da Xunta, máis de 290.000 euros, á contratación de 81 persoas sen emprego de 52 concellos da provincia de Ourense para desenvolver durante a campaña de verán labores de vixilancia e seguridade en praias e outros espazos naturais ou en instalacións acuáticas

Subliñou – representante do Goberno galego– que este tipo de iniciativas forman parte da prioridade da Xunta de incrementar as oportunidades laborais das galegas e galegos, sobre todo, daqueles que teñen máis dificultades para acceder ao mercado laboral

Gabriel Alén aproveitou a visita para supervisar as obras de mellora nas que o Goberno galego, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, investiu preto de 64.000 euros no seu acondicionamento

.

.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados