Xunta de Galicia

O Gaiástech abre o prazo para inscribirse nunha xornada de mentorización sobre as saídas laborais dos estudos STEAM

O Gaiástech abre o prazo para inscribirse nunha xornada de mentorización sobre as saídas laborais dos estudos STEAM

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O encontro, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, celebrarase o 27 de setembro

Está aberto a estudantes de entre 14 e 17 anos, así como a pais e nais, que coñecerán diferentes roles laborais científicos e tecnolóxicos da man de dez mulleres profesionais destes ámbitos

Baixo o título "A Aventura que me Espera: Descubrindo a Ciencia e a Tecnoloxía", o GaiásTech acollerá o vindeiro 27 de setembro unha xornada sobre os diferentes roles laborais que combinan a ciencia e a tecnoloxía. O encontro está dirixido a estudantes de entre 14 e 17 anos e a pais e nais, que só precisan inscribirse previamente no portal do

.A xornada contará coa participación de dez mulleres con perfís profesionais vinculados ao eido científico ou tecnolóxico con postos en diferentes campos, incluíndo o académico, administrativo e empresarial. O obxectivo do encontro é mostrar as múltiples posibilidades que se presentan despois de obter unha titulación universitaria dunha carreira STEAM, destacando que a formación recibida prepara para desafíos que poden non estar directamente relacionados cos contidos estudados.O evento estrutúrase, nunha primeira parte, nun circuíto por distintos postos, a través dun diálogo entre estas mulleres e os asistentes, no que se expoñan os diferentes roles laborais científicos e tecnolóxicos de cada perfil e, na última parte, farase un diálogo común permitindo que se expoñan preguntas e se poidan conectar cos temas tratados.As intervencións estruturaranse en torno a dous paneis. No primeiro intervirán: Ana Jesús López, física e profesora da Escola Politécnica Superior de Ferrol; Teresa Rivas, bióloga e profesora da Escola de Enxeñaría e Minas; Rocío Mosquera, médico e xestora sanitaria no Servizo Galego de Saúde; María J. Rodríguez, doutora en educación con especialidade en tecnoloxía educativa, e que traballa no centro de Supercomputación de Galicia; e Soledad Torres, enxeñeira de Telecomunicacións e profesora na Universidade de Vigo.Nun segundo panel participarán: Laura Alonso, enxeñeira naval e oceánica pola Universidade da Coruña; Andrea Fernández, pedagoga e Mestrado en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares pola UDC; Eva López, técnica de transferencia e directora do programa Woman Emprende; Cristina Sánchez, antropóloga e investigadora científica no INCIPIT–CSIC; Sonia Martínez, farmacéutica e doutora en Bioloxía Celular.Este evento enmárcase dentro dun convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), para realizar actuacións de fomento e promoción das vocacións STEAM entre a poboación máis nova, especialmente nas mulleres.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados