Xunta de Galicia

Lete Lasa presenta unha nova edición da Vigo Battle of Teams que buscará ao equipo máis en forma de Galicia, España e parte de Europa

Lete Lasa presenta unha nova edición da Vigo Battle of Teams que buscará ao equipo máis en forma de Galicia, España e parte de Europa

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Salienta as “bondades dunha disciplina tan completa que mestura unha cantidade tan ampla de exercicios de halterofilia, ximnasia, calistenia, así como carreiras ou natación”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación da competición por equipos de crossfit ‘Vigo Battle of Teams 2024’ que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. O mandatario galego destacou esta “batalla que se vén levando a cabo entre os equipos de crossfit máis en forma de Galicia, España e parte de Europa dende 2015” e salientou as “bondades dunha disciplina tan completa que mestura unha cantidade tan ampla de exercicios de halterofilia, ximnasia, calistenia, así como carreiras ou natación”.Lete Lasa destacou o crecemento dun evento que, na súa primeira edición contou con 200 deportistas e que, nas últimas celebracións reúne ao redor do milleiro de participantes que durante tres días loitan por gañar os trofeos das diferentes categorías. Neste sentido lembrou a esixencia do campionato que tamén conta cunha estrita fase preliminar en liña na que xa quedaron fóra da fase presencial moitos equipos.O secretario xeral para o Deporte aplaudiu a decisión de que os equipos participantes sexan mixtos e afianzou a aposta da Xunta de Galicia polos deportes urbanos e máis novidosos polos que se decanta a xuventude, na liña que está a seguir o Comité Olímpico Internacional tras ter engadido ao programa olímpico nas últimas edicións deportes como o breaking, o basket 3x3, a escalada, o BMX ou o surf.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados