Xunta de Galicia
Lete salienta a importancia do deporte para todos na visita ao Club Náutico Inclusivo Baixo Miño que recibiu unha cadeira anfibia grazas a unha subvención da Xunta
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Lembra que nas próximas datas sairá a lista definitiva dos galegos e galegas que competirán nos Xogos Paralímpicos e sinala que, ao igual que no caso dos olímpicos, Galicia agarda acadar un novo récord de participación
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de hoxe o Club Náutico Inclusivo Baixo Miño que recibiu unha cadeira de rodas anfibia mariña con cargo a orde de subvencións para a adquisición de equipamento deportivo adaptado de 2023. Alí, Lete Lasa, lembrou que nas próximas datas sairá a lista definitiva dos galegos e galegas que competirán nos Xogos Paralímpicos de París e sinalou que, ao igual que no caso dos olímpicos, Galicia agarda acadar un novo récord de participación. Neste sentido, o mandatario galego destacou a importancia dun “deporte plural, diverso, sen xénero nin idade, para todos e para todas, enriquecedor da sociedade e transmisor de valores”.A cadeira de rodas anfibia mariña é un elemento para actividades lúdico–deportivas que permite o acceso ao baño de persoas con mobilidade reducida. O Club Náutico Inclusivo Baixo Miño adquiriu este equipamento con cargo ás subvencións a clubs deportivos galegos con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado de 2023. Máis polo miúdo, a cadeira anfibia contou cun orzamento duns 5.000 euros (4.980 euros) dos que a Xunta de Galicia sufragou o 80 % (3.984 euros). En total, grazas a esta liña de axudas, foron 46 os clubs beneficiarios que contaron cun crédito orzamentario de preto de 227.000 euros (226.754 euros).Lete Lasa destacou a importancia destas axudas para o deporte inclusivo e adaptado que tantos éxitos está a acadar nos últimos anos e valorou o esforzo de clubs como o Náutico Inclusivo Baixo Miño que, grazas a esta axuda consegue a primeira cadeira anfibia na comarca. O mandatario galego sinalou o crecemento do deporte adaptado lembrando que, na última resolución do deporte galego de alto nivel, xa son 38 (27 homes e 11 mulleres) os deportistas con diversidade funcional recoñecidos.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando