Xunta de Galicia
López Campos apela á responsabilidade compartida para preservar un dos maiores tesouros da identidade cultural de Galicia
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
A Xunta vén de lanzar a campaña ‘Que siga contando a nosa historia’ para fomentar entre a sociedade a importancia de coidar o patrimonio, impulsar o coñecemento dos bens e incentivar boas prácticas e iniciativas de preservación
Esta nova acción elixe seis bens patrimoniais da Comunidade de distintas épocas, estilos e zonas e dálle continuidade a ‘Por outros tantos máis’, activada en 2023
Destaca que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten destinado no último lustro máis de 55 M? a políticas de salvagarda deste recursos
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, apelou hoxe á “responsabilidade e tarefa compartida” da Administración e da sociedade no coidado do noso patrimonio por ser “un dos maiores tesouros que conforman a identidade cultural de Galicia”. Fíxoo na que foi a súa primeira visita como máximo responsable deste departamento da Xunta ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre, situado no municipio pontevedrés de Campo Lameiro.Precisamente, López Campos lembrou que esta área arqueolóxica foi un dos oito bens patrimoniais protagonistas en 2023 da campaña
coa que o Goberno galego procurou concienciar a cidadanía sobre a importancia do conservación e preservación do noso patrimonio e que este ano ten continuidade, tal e como precisou, a través do novo lema
.O conselleiro de Cultura explicou que para esta nova campaña elixíronse outros seis bens patrimoniais da Comunidade, entre os que se inclúe algún con máis de 400 séculos de historia, que representan a gran riqueza patrimonial de todo o territorio con exemplos de diferentes tipoloxías, estilos, épocas e zonas.En concreto, a campaña
difunde imaxes de bens como o mosteiro de Santa María de Oia e a catedral de Santa María de Tui, en Pontevedra; o convento de Santo Antonio de Herbón, en Padrón (A Coruña); e o santuario das Ermidas no Bolo (Ourense). De igual xeito, tamén se difunde a relevancia para o noso patrimonio da Cova de Eirós, en Triacastela (Lugo) e do campamento romano de Ciadella, en Sobrado dos Monxes (A Coruña).Cómpre lembrar que na do ano pasado,
, difundiuse o valor e protección de bens como a Catedral de Santiago de Compostela, o Santuario de Santo Andrés de Teixido en Cedeira, a Muralla romana de Lugo ou o Mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos. Aparecen tamén o Castro de Viladonga en Castro Rei, os petróglifos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, os Muíños do Folón e do Picón no Rosal ou a Igrexa da Veracruz no Carballiño.López Campos fixo fincapé en que con este tipo de campañas o Goberno galego pretende reivindicar “o inmenso valor que ten na configuración da nosa historia e identidade para as xeracións actuais e futuras”. En concreto, referiuse aos obxectivos de “fomentar a concienciación da cidadanía; impulsar o coñecemento sobre estes bens; e incentivar as boas prácticas e iniciativas de preservación que permitan que un dos maiores tesouros de Galicia sexa legado ás xeracións vindeiras nas mellores condicións”.O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude amosouse convencido da eficacia deste tipo de campañas, “coas que se consigue trasladar á cidadanía un recordatorio dos anos e séculos que levan estes elementos entre nós axudando a construír a identidade de Galicia como pobo”, argumentou. “Ao poñelos en valor, refórzase a sensibilización para evitar comportamentos incívicos que, aínda que son illados, poden danar o noso patrimonio cultural”, defendeu. Neste senso, salientou o dato de que Galicia conta en total con 783 Bens de Interese Cultural, aos que se lle suman milleiros de bens catalogados.López Campos encadrou estas campañas no esforzo feito ao longo dos últimos anos por parte do departamento autonómico que dirixe en “protexer, poñer en valor en divulgar o noso legado artístico e cultural como un símbolo de orgullo, identidade e riqueza para o país”.Consecuentemente, enxalzou que o Goberno galego mantén unha “política decidida” a favor da salvagarda “dun dos recursos con maior valor histórico, cultural, e turístico de Galicia” a través plans estratéxicos como o Plan Catedrais, o Plan de actuacións arqueolóxicas, o Plan de BIC do Camiño de Santiago ou o Plan Ribeira Sacra, así como diversos plans directores para bens concretos. Así o considerou que o demostran os máis de 55 M? dedicados a este fin no último lustro pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando