Xunta de Galicia

López Campos destaca os minicampamentos como unha "gran opción para coñecer Galicia e o seu patrimonio"

López Campos destaca os minicampamentos como unha “gran opción para coñecer Galicia e o seu patrimonio”

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Xunto coa directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, acompaña á cativada de 9 a 14 anos que goza “de vivir experiencias en contornas naturais e culturais”

Esta proposta é unha das novidades deste ano do programa ‘Coñece Galicia’ que vai pola súa quinta edición no marco da campaña de verán da Xunta para a mocidade

O Goberno galego ofertou en total 700 prazas nesta modalidade, con estadías en aloxamentos turísticos de luns a venres, distribuídas en 14 instalacións diferentes

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou esta mañá na súa visita ao minicampamento da Xunta que se está a celebrar na localidade pontevedresa de Tomiño a gran opción que supón este tipo de actividades “para coñecer Galicia e o seu patrimonio, ofrecendo á mocidade a oportunidade de vivir e gozar de experiencias en distintas contornas naturais e culturais da nosa xeografía”.Así, López Campos acompañou nesta xornada, xunto coa directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, aos 20 nenos e nenas de entre 9 e 14 anos que están a participar na segunda quenda (a primeira tivo lugar do 1 ao 5 de xullo) da actividade

, unha das novidades deste ano do programa

da campaña de verán do Goberno galego.Tal e como lembrou o representante da Administración autonómica, trátase dunha modalidade de campamentos que teñen a súa base en aloxamentos turísticos como é o caso do Hotel Nueva Colina de Tomiño, con estadías de luns a venres, “desde os que a rapazada goza de propostas lúdico formativas”, sinalou, “que teñen que ver coa educación ambiental e o ocio saudable”. Deste xeito, engadiu o conselleiro de Cultura, “adquiren novos coñecementos sobre a riqueza patrimonial, cultural e etnográfica da Comunidade, promovendo o seu respecto e a súa posta en valor”.Neste senso, ata o vindeiro venres, os participantes deste minicampamento están a gozar de accións multiaventura como rutas ambientais polos muíños do Folón e do Picón, visitas ao monte de Santa Tegra, propostas no río da Pedra, xogos con patíns ou tiro con arco, así como actividades de praia como kaiak ou paddle surf e outras centradas no eido artístico.O programa de minicampamentos

encádrase na campaña

da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que durante os meses de xullo e agosto, e ata setembro, vén desenvolvendo actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo para a mocidade. En total, incluindo campamentos, campos de voluntariado, programas de intercambio e propostas de ocio alternativo son 11.533 prazas, o que supón a maior oferta da historia desta campaña.No que respecta aos minicampamentos puxéronse a disposición da xuventude 700 prazas (180 na provincia de Pontevedra) distribuídas en 34 quendas de entre 18 e 25 participantes e en 14 programas e instalacións diferentes por varios concellos galegos. O de Tomiño sumouse este ano como novidade á iniciativa, xunto con Palas de Rei e Ribeira de Piquín.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados