Xunta de Galicia

Lorenzana anuncia que a Xunta tramitará ata 2025 máis de 100 M? en axudas vinculadas ao Mecanismo de Transición Xusta

Lorenzana anuncia que a Xunta tramitará ata 2025 máis de 100 M€ en axudas vinculadas ao Mecanismo de Transición Xusta

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Subliña que o Goberno galego seguirá sacando convocatorias con instrumentos financeiros para seguir apoiando o desenvolvemento industrial

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe que ata principios de 2025 a Xunta tramitará máis de 100M? en axudas vinculadas ao Mecanismo de Transición Xusta.Lorenzana mantivo hoxe un encontro co alcalde das Pontes, Valentín García, o presidente da Asociación de Empresarios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (Seara), José Castro; e a presidenta Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses (Cohempo), Montserrat Gastelu, dentro dos labores de seguimento que a Xunta vén facendo para a reactivación económica e do emprego nos municipios dentro da área de delimitación das zonas de transición xusta.Durante o encontro, a conselleira explicou que “ao longo do ano seguiremos sacando convocatorias con instrumentos financeiros moi interesantes para o apoio do desenvolvemento industrial e tamén todo tipo de axudas vinculadas a enerxías renovables, hidroxeno verde e biogás”. Segundo sinalou, “trátase de acompasar o peche e desmantelamento da central coa creación de novas empresas e de emprego”, dixo.Neste senso, salientou a importancia de visibilizar os proxectos en marcha e informar sobre as liñas de axuda de apoio dispoñibles, e referiuse en concreto á liña de axudas por valor de 7M? que a Xunta ten aberta con cargo ao Fondo de Transición Xusta para impulsar proxectos singulares de sustentabilidade enerxética no sector industrial da provincia da Coruña.Ademais, considerou imprescindible que as tres administracións –Xunta de Galicia, Goberno central e concellos– sigan traballando de xeito coordinado para impulsar a reindustrialización das zonas de transición xusta como son As Pontes e Meirama. “É o único xeito de continuar creando desenvolvemento industrial e emprego nesta comarca”, explicou.A conselleira de Economía e Industria lembrou que se está a piques de comezar co desmantelamento da central e puxo en valor o feito de que nun tempo récord a Xunta emitise os informes pertinentes.Así mesmo, resaltou os proxectos novos que se están tramitando ao marxe dese desmantelamento, “oito proxectos industriais estratéxicos dos que cinco están en zonas de Transición Xusta e tres en As pontes”, sinalou. Estes cinco proxectos que están en zonas de Transición Xusta suman investimentos superiores a 1.000M? e case 1.000 postos de traballo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados